lunes, 17 de abril de 2017

VILAGARCÍA BASKET CUP

Un ano máis o CB Arteixo tivo a sorte de ser invitado a participar nunha das festas do baloncesto da nosa comunidade: a Vilagarcía BasketCup, un punto de encontro do baloncesto galego onde os rapaces, e non tan rapaces, disfrutan do noso deporte con ata 8 encontros xogándose de maneira simultánea.

Deste xeito partía a expedición arteixán ben cedo do Pazo dos deportes, con algo de cansanzo pero moitas ganas de desfrutar dunha gran xornada de basket.

Preto das 10:30 da mañá chegaban os xogadores e técnicos as instalacións para recoller todo o necesario parar participar da competición.

 Ás 11 en punto o alevín masculino (axudado por dous xogadores do benxamín), e o alevín feminino (axudado por catro xogadores do benxamín) comezaban os seus encontros. Xa sabedes: moita pelexa, moita decisión e moito xogo en conxunto, os resultados o de menos, xa que por haber non había nin marcador!! Xogar por xogar, coma ten que ser nestas idades.

Despois dun pequeno descanso e paso polos inchables volta outra vez a xogar con as mesmas gañas do primerio encontro.





Neste intre tocou repoñer forzas cuns bos bocatas por cortesía da organización, acompañados de fruta e iougur, os bocatas do máis orixinal, ata houbo que comeu un con sardiñas, mexillóns e queixo...

Tras repoñer forzas novamente o "traballo", novos encontros con as mesmas premisas dos anteriores.

Tras os terceiros partidos do día novamente tempo libre, cos inchables coma protagonistas, e algún que outro xogo ben divertido proposto pola organización, tamén houbo quen tivo tempo para xogar o fútbol.

Para os encontros definitivos as forzas comezaban a estar un pouco xustiñas pero a ilusión seguía a estar intacta, e todos a divertirse novamente!

Por último tocaba desfrutar do final de festa con bailes e risas entre todos os participantes, e a entrega de recordos.

 Agradecer unha vez máis a organización da Viagarcía BasketCup a invitación a participar nesta gran festa, tamén agradecer os pais que viñeron o seu bo humor durante toda a xornada, e coma non agradecerlles os rapaces e rapazas do CB Arteixo a sua ledicia, os seus sorisos e o seu comportamento durante todo o día.
O ano que ven voltamos!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario