martes, 25 de abril de 2017

ENCONTROS FIN DE SEMANA DO 22 E 23 DE ABRIL

BENXAMÍN MASCULINO


OS ROSALES EPB 45-CB ARTEIXO 33 (6-2, 8-6, 7-10, 11-4, 3-6, 10-5)


Bo encontro o que xogaron os pequnos do CB Arteixo na mañán do sábado no Agra II, competindo de maneira fenomenal ata o cuarto periodo onde os locáis a base de triplas foron poñendo algo de distancia no marcador.
Ainda a si e todo os de Arteixo seguiron a pelexar e con bo xogo de conxunto puxéronlle as cousas difíciles os de Os Rosales.

ALEVÍN MASCULINO


COMPAÑÍA DE MARÍA B 39-CB ARTEIXO 30 (6-4, 5-2, 6-3, 4-6, 7-7, 10-8)


Encontro moi igualado, xogado con moita intensidade por parte dos dous conxuntos.
Ata o descanso as defensas impuxéronse os ataques, e ademáis o acerto por parte dos visitantes era escaso. Tras o descanso as cousas cambiaron un chisco, pero si ben no ataque subiu o acerto na defensa comezaron uns pequenos despistes que os colexiais castigaron de maneira continua.
En calqueira caso, os rapaces de Arteixo sempre deron a cara e competiron ata o final.

INFANTIL FEMININO


CB ARTEIXO 29-BBCA PRAIA DE LOBADIZ 44 (4-6, 5-11, 5-20, 15-7)


Comezo de encontro moi igualado con as defensas sendo moi superiores os ataques, e tamén con moito desacerto en situacións sinxelas para anotar.
No segundo periodo o desacerto por parte das locáis seguiu a ser grande mentras que as ferroláns comezaban a ter algo máis de acerto, o que supuxo que foran tomando pequenas ventaxas.
Tras o descanso a cousa foi peor para as de Arteixo, que seguían sen anotar e veían como as visitantes martilleaban unha e outra vez a canasta local, ante os despistes continuos das xogadoras do CB Arteixo.
No cuarto definitivo a distancia no marcador era insalvable pero curiosamente chegaron os mellores momentos das arteixáns, sacaron o carácter que lles caracterizou todo o ano e pelexaron cada balón a tope, así apareceu tamén o acerto metendo en este cuarto máis puntos que no resto do encontro, pero a victoria xa no perigaba para as ferroláns.

CADETE MASCULINO


CB ARTEIXO 39-MARISTAS CORUÑA 50 (10-14, 7-12, 5-16, 13-12)


Bo comezo dos de Arteixo, sobre todo no ataque con bo movemento con e sen balón. Sen embargo na defensa as dificultades eran maoires tanto en aguantar os 1x1 como no rebote.
No segundo cuarto as perdas continuas dos de Arteixo fan que case non podan anotar, pero polo menos a defensa aguantaba os locáis no encontro.
Tras o descanso seguiron as perdas de balón, e neste caso si aproveitaron os colexiais para ir marchando no marcador.
No cuarto definitivo as perdas de balón van a menos, e o xogo volve a mellorar, a aínda que se gana o cuarto no se consegue a remontada.

SENIOR TERCEIRA DIVISIÓN


CB ARTEIXO YUNQUE CARPINTERÍA METÁLICA FANDIÑO 56-ADFRO 52 (12-7, 21-20, 9-10, 14-15)


Novamente o equipo presentábase con moitas baixas: Guille, Dani Gómez, Bruno, Alvaro, Dylan por lesión e Andrés por traballo.
Así comezaba o encontro con so 5 xogadores a espera da ansiada chegada de Jose...
Nos primeros intres do encontro Nico nun lance do xogo foiselle un pouco un pe e todos temeron o peor pero foi quen de manterse na pista ainda que só o 50%.
O encontro, unha gran lección de concentración por parte de todos os xogadores, sendo moi solidarios na defensa e estando acertados no ataque, destacando as 4 triplas de Diego.
Tras o descanso, e xa con Jose na pista, a igualdade seguiu a ser a tónica dominante, pero con ventaxas sempre para os locáis.
Nos intres fináis os de Arteixo mantuveron a calma e acertaron nos tiros libres para levarse finalmente o encontro.

ANOTADORES: PABLO 7, JOSE 7, DIEGO 22, VICTOR 13, DANI 7 E NICO.


SENIOR SEGUNDA DIVISIÓN


CB ARTEIXO 42-MUEBLES VICTORIA O BARCO 69 (7-16, 13-15, 13-19, 9-19)


Desastroso encontro o disputado polo CB Arteixo, sen intensidade en ningún momento, e desacertadísimos no ataque ante a defensa zonal proposta polos visitantes.Ademáis os de O Barco dominaron por completo o rebote nos dous aros e levaron de Arteixo unha merecidísima victoria.

ANOTADORES: ALEX 10, JESÚS 9, DIEGO 2, GABI 7, CONCHADO 14, PABLO ABAL, PABLO ALONSO E VICTOR.

No hay comentarios:

Publicar un comentario