lunes, 10 de abril de 2017

ENCONTROS FIN DE SEMANA DO 8 E 9 DE ABRIL

Xornada con moitos equipos do clube sen competición, tan so o Infantil feminino, o infantil masculino, o junior masculino e o senior de segunda división disputaron os seus encontros con sorte dispar.

INFANTIL FEMININO


CB AS PONTES 41-CB ARTEIXO 50 (10-16, 11-10, 8-16, 12-8)


Viñan as rapazas de Arteixo de facer un mal encontro na Costa da Morte e tiñan gañas de resarcirse dese mal sabor de boca que lles deixou o encontro, e alá marcharon cara As Pontes de García Rodríguez ben cedo o sábado a mañán.
O encontro comezou coas arteixáns moi concentradas na defensa e intentando sair rápido o contraataque pero non aprobeitaban todas as opcións das que dispoñían e as pontesas a cada pequeno erro das visitantes respostaban con canasta, deste xeito o encontro discurría bastante igualado.
Esa foi a tónica do encontro ata o descanso, bo xogo por parte das de Arteixo pero sen demasiado acerto.
Tras o descanso continuou o bo xogo e aumentou moito o acerto o que supuxo que as visitantes tomaran unha renda importante no marcador.
O periodo definitivo volveu a traer a igualdade máxima a pista do municipal pontés, pero a victoria xa non correu perigo para as de Arteixo.

 INFANTIL MASCULINO


CB ARTEIXO 44-EMBAL 47 (14-13, 8-17, 14-9, 8-8)


Comenzou o encontro moi ben en ataque para os de Arteixo movendo o balón e atopando boas opcións de canasta sen embargo na defensa o despiste era xeneralizado (coma en todo o encontro).
No segundo cuarto ó despiste defensivo hai que sumarlle que no ataque os xogadores de Arteixo estiveron moi precipitados sendo moi pouco agresivos no 1x1.
Tras o descanso se viron os mellores momentos defensivos dos locáis intentando presionar en toda a pista ós de A Laracha, pero o final de cuarto as forzas comezaron a fallar.
No periodo definitivo todo trascorreu polos cauces do resto do encontro, e deste xeito chegouse a un final axustado onde a tripla final dos de Arteixo non entrou para mandar o encontro a prórroga.



JUNIOR MASCULINO 


CB ARTEIXO 43-SANTO DOMINGO DE BETANZOS 63 (6-17, 16-15, 8-18, 13-13)


Empezou moi mal o encontro para os locáis cunha defensa moi branda e concedendo moitas ventaxes a un rival xa con moitos recursos de por si. Ademáis o ataque dos de Arteixo era moi estático, tanto nos xogadores coma na bola.
No segundo cuarto así e todo as cousas igualaronse un chisco, con mellor movemento de balón no ataque  e un pouco máis de intensidade na defensa.
Pero tras o descanso volta a os erros do comenzo do encontro chegando a diferenza neste cuarto ata os 20 puntos.
No inicio do periodo definitivo a diferenza segue a medrar pero os de Arteixo nunca se foron do encontro e seguiron pelexando cada balón para reducir un pouco a desventaxa aínda que a victoria xa estaba clara para os de Betanzos.
Os de Fran Lozano rematan a liga nun meritorio oitavo posto, que tendo en contas os múltiplos problemas que houbo durante a tempada está moi moi ben.

SENIOR SEGUNDA DIVISIÓN


UNIVERSITARIO CAMPUS OURENSE 49-CB ARTEIXO 52 (13-14, 10-16, 15-8, 11-14)


Un novo encontro co equipo moi castigado polas baixas, neste caso presentábase o CB Arteixo con sete xogadores, catro deles do equipo de terceira, pero desta vez trouxeron a victoria de volta.
 Comezo de encontro con moita concentración e cometendo moi pouquiños erros, o que propiciou que se conseguiran as primeiras ventaxas, aínda que moi curtas. A alternancia de defensas facía que os de Ourense nunca estiveran cómodos no encontro. No segundo cuarto a tónica foi a mesma e a diferenza o descanso era de 7 puntos a prol dos de Arteixo.
Tras o descanso os locáis subiron moito as liñas de pase e crearon moitas dificultades os arteixáns que sen embargo non perderon a calma e a concentración sabendo que ían a ter a suas opcións.
E así foi, entrouse no periodo definitivo con empate no luminoso, os de Arteixo non cometeron erros nos primeiros 7 minutos do cuarto cunha boa defensa e seleccionando moi ben os tiros no ataque, pero cando todo parecía feito entrou un pouco de precipitación por querer pechar o encontro que meteu de novo os locáis no encontro. Sen embargo os arteixáns voltaron a tranquilizarse e os tiros libres terminaron de desequilibrar o encontro.
Con esta victoria o conxunto do CB Arteixo sela un ano máis a sua permanenza na segunda división.

ANOTADORES: CONCHADO 17, DANI 2, VICTOR 6, CAICOYA 14, FURIOSO D. 4, GABI 7 E NICO 2.


No hay comentarios:

Publicar un comentario