lunes, 3 de abril de 2017

ENCONTROS FIN DE SEMANA DO 1 E 2 DE ABRIL

BENXAMÍN MASCULINO


CB ARTEIXO 46-CB CULLEREDO 53 (4-6, 13-11, 3-13, 6-4, 7-17, 13-2)


Bo comenzo de encontro por parte dos pequenos do clube, que sen embargo tiveron un pequeno baixón no terceiro periodo que sumado o acerto nas triplas do equipo visitante fixo que as diferenzas comezaran a ser importantes. No periodo definitivo a loita por parte dos arteixáns e tamén algo máis de acerto fixo que se meteran no encontro mais sin opcións de gañar a contenda.
Encontro para estar moi orgullosos dos nosos que a pesar de que por momentos as diferenzas foron importantes nunca deixaron de loitar.
Este é o camiño!

ALEVÍN MASCULINO


BC CRISTO REY 30-CB ARTEIXO 33 (6-4,4-11, 2-6, 7-4, 4-2, 7-6)


Encontro moi igualado no inicio que sen embargo pouco a pouco foi decantándose do lado do CB Arteixo a través dunha boa defensa de conxunto.
Nos periodos fináis o desacerto por parte dos visitantes fixo que os colexiais voltaran a meterse no encontro, pero finalmente os arteixáns templaron os nervos e comezaron a xogar dende o pase para terminar levándose a victoria para casa.


INFANTIL MASCULINO


CB ARTEIXO 51-DOMINICOS 39 (17-6, 10-8, 16-15, 8-10)


Encontro desigual o xogado polos rapaces de Daniel Fraga na mañán do domingo no Pazo de Arteixo. Dunha banda gran comenzo cunha defensa moi concentrada e movendo ben o balón en ataque o que propiciou que se adiantaran cunha cómoda ventaxa no marcador.
Tras o descanso a concentración mermou moito e o encontro pasou a ser un intercambio de canastas por parte dos dous conxuntos.
Así e todo a victoria quedou na casa.

INFANTIL FEMININO


FERROATLÁNTICA COSTA DA MORTE 50-CB ARTEIXO 29 (15-6, 13-6, 18-0, 6-17)


Moi mal encontro por parte das rapazas de Iván García e Itziar Naveira que xogaron os 3 primeiros cuartos con pouca concentración e pouca "chispa" co que o encontro sempre estivo do lado das de Cee que cunha inspiradísima Iria Martínez (36 puntos) dominaron o encontro con claridade.
No último cuarto as de Arteixo fiseron o xogo o que nos teñen acostumados e con unha boa defensa e rápidos contraataque deixaron mostra do que son capaces cando xogan a tope, pero a victoria seguiu a estar moi lonxe.


CADETE MASCULINO


ESCOLA BASQUET XIRIA 64-CB ARTEIXO 43 (14-10, 19-8, 19-9, 9-16)


Comenzo do encontro con pouco acerto por parte dos dous conxuntos e sen que ningún fose quen de dominar o ritmo de xogo.
No segundo cuarto os locáis empezan a coller as primeiras ventaxas no marcador, xa que o seu xogo é máis fluido co do CB Arteixo que comeza a ter dificultad na circulación do balón.
Tras o descanso aparecen os peores momentos do CB Arteixo permitindo ó rival que anote canastas sinxelas encaixando un parcial de 8-0 que leva a diferenza ata os 20 puntos.
A partires de este intre o xogo volveuse a igualar pero os visitantes non eran que de baixar a diferenza no marcador.
No último periodo os de Fran Lozano voltaron ó bo xogo, con boas decisións no ataque o que lles levou a gañar o parcial pero a victoria quedou en Carballo.



SENIOR MASCULINO TERCEIRA DIVISIÓN


CB ARTEIXO YUNQUE CARPINTERÍA METÁLICA FANDIÑO 47-TREBÓNS BASQUET CLUB 53 (3-15, 8-6, 17-16, 19-16)


Inicio de encontro cun desacerto incomprensible dos locáis que sólo foron quen de anotar 3 tiros libres no primeiro periodo. A tónica no segundo non variou moito, co equipo intentando por tódolos medios meterse ofensivamente no encontro pero non o daba conseguido. Menos mal que a defensa estaba a ser boa no segundo periodo e o descanso a distancia non semellaba insalvable.
Tras o descanso por fin os de Arteixo comezaron a anotar con algo de facilidade pero os de Trebóns contestaban continuamente os intentos de acercamento dos locáis.
Semellante foi o acontecido no periodo definitivo no que unha serie de perdas de balón de maneira consecutiva fixeron que o intento de remontada fora en balde.

ANOTADORES: VICTOR 18, ÁLVARO 5, CAICOYA 2, BRUNO 2, JOSE 7, PABLO 2, DYLAN 5, DIEGO 5, NICO, DANI FRAGA E DANI GÓMEZ .


SENIOR MASCULINO SEGUNDA DIVISIÓN


CB ARTEIXO 36-LA SALLE 80 (4-15, 7-15, 11-25, 14-25)


Encontro sen historia ningunha no que as baixas do conxunto local, neste caso si, foron determinantes ante un conxunto santiagués moi superior en todo o encontro.

ANOTADORES: GABI 4, DIEGO 4, PABLO ABAL 7, CONCHADO 8, ROBER 5, PABLO ALONSO 4, CAICOYA 6 Y VICTOR.



No hay comentarios:

Publicar un comentario