lunes, 27 de marzo de 2017

ENCONTROS FIN DE SEMANA 25-26 DE MARZO

BENXAMÍN MASCULINO


BASQUET CORUÑA 07 58-CB ARTEIXO 8 (13-0, 17-4, 11-2, 14-2, 3-0)


Os pequenos do clube véronse superados por un conxunto moi superior técnica e físicamente, só foron quen de competir nun dos periodos do partido.
Non podemos perder o ánimo rapaces!! Temos que seguir a pelexar e competir en cada minuto dos encontros.

ALEVÍN MASCULINO


CB ARTEIXO 66-CULLEREDO ALMEIRAS 50 (12-8 ,12-0, 16-16, 17-4, 2-17, 7-5)


Gran comenzo do CB Arteixo movendo moi ben o balón e anotando con facilidade, tamén traballaba ben a defensa aínda que con algún pequeno despiste.
No segundo periodo a defensa mellorou e con moitos roubos de balón as diferenzas fóronse facendo máis amplas.
Tras o descanso o xogo seguiu a ser bo, con roubos de balón e pasándolle o balón o compañeiro mellor situado.
Cando semellaba todo decidido unha serie de erros propiciaron uns cuantos triples consecutivos dos de culleredo, pero a victoria xa non correu perigo.

INFANTIL MASCULINO


FERROATLÁNICA ACB COSTA DA MORTE 48-CB ARTEIXO 35 (15-9, 10-6, 8-11, 15-9)


Encontro moi complicado para os arteixáns que se presentaban en Cee con so 6 xogadores.
Deste xeito xogaron regular a metade do encontro, regalando moitos rebotes defensivos, e no ataque os xogadores demasiado parados.
Tras o descanso solucionouse o tema ofensivo pero as faltas persoais lastraron demasiado os de Arteixo para poder facer a remontada.

INFANTIL FEMININO


DOMINICOS INFANTIL FEMININO 41-CB ARTEIXO 42 (11-14, 14-7, 7-12, 9-9)


Bo comezo de encontro por parte das rapazas de Arteixo, que defendían con intensidade e concentración impedindo as locáis anotar con facilidade, no ataque as boas situacións que se xeneraban non se transformaban case nunca en puntos, cara o final do cuarto varios despistes penalizan demasiado as visitantes igualando moito o encontro.
No segundo periodo víronse os peores momentos do CB Arteixo, con mala defensa e moitas perdas de balón.
Tras o descanso as augas volveron ó seu cauce e con varios roubos de balón consecutivo as visitantes volvían a tomar a dianteira no marcador pero sempre con ventaxas pequenas.
Con esa igualdade chegouse o final do encontro, onde os nervos predominaron por enriba do xogo, ainda que finalmente a victoria marchou cara terras arteixáns.

CADETE MASCULINO


CB ARTEIXO 58-ESCLAVAS 64 (20-18, 14-14, 10-10, 14-22)


Encontro moi disputado o que se pudo ver na tarde do sábado no pavillón de Meicende.
Durante os tres primeiros cuartos ningún dos dous equipos foi quen de marcar diferenzas, a cada acción de un equipo respostaba o outro.
No periodo definitivo encarouse con dous puntos de ventaxa para os locáis, pero moi cansos e cargados de faltas persoais os visitantes foron tomando algo de ventaxa, os intentos de remontada final no chegaron a bo porto porque os colexiais non fallaron dende o tiro libre.

JUNIOR MASCULINO


SANTO DOMINGO DE BETANZOS 88-CB ARTEIXO 56 (21-13, 24-15, 23-14, 20-14)


Encontro que se presentaba moi complicado polo potencial dos betanceiros e porque os de Arteixo presentaronse o encontro con so 6 xogadores.
Comenzouse o encontro movendo ben o balón e defendendo con intensidade, pero o rebote comezou a decantar a balanza do lado local, case que todos os rexeites nos dous aros eran para os de casa, o que pouco a pouco foi facendo a diferenza insalvable, aínda así pelexouse ata o final.

SENIOR MASCULINO TERCEIRA DIVISIÓN


CB ARTEIXO YUNQUE MUEBLES CARPINTERÍA METÁLICA FANDIÑO 65-LOS ÁNGELES GAS OLEIROS 57 (18-12, 18-12, 17-19, 12-14)


Moi boa primeira parte por parte dos locáis que con unha boa defensa e rápidos contraataques foron tomando unha boa renda ata o descanso, ademáis no xogo 5x5 movíase ben o balón e xogábase moi ben dende o 1x1.
Tras o descanso a cousa igualouse, os de Oleiros comezaron a anotar con facilidade, pero os locáis non lle perderon a cara o encontro.
No inicio do definitivo período apareceron os peores momentos do CB arteixo no ataque, e todo o bo traballo do resto do encontro parecía que ía a ser en balde, pero nesta ocasión a defensa seguiu a ser consistente e aguantou o equipo no encontro. Deste xeito a falta de 2 minutos para rematar o encontro un lanzamento tirple de Dani  e duas canastras de Diego terminaron coas opcións dos visitantes e deixou unha nova victoria para os de Arteixo.

ANOTADORES: VÍCTOR 20, PABLO 18, DANI 3, BRUNO 5, DIEGO 7, DYLAN 8, GUILLE 4.

SENIOR MASCULINO SEGUNDA DIVISIÓN


CB ARTEIXO 52-RIAS BAIXAS 55 (16-16, 12-16, 14-14, 10-9)


Un novo encontro marcado polas baixas, no que xogaron outra vez ata 4 xogadores do equipo de terceira que terminaran o seu encontro 30 minutos antes. Ademáis Pablo e Antelo saíndo dunha lesión.
A pesar de todo a pelexa foi constante, ante un conxunto con máis banquiño e máis físico co arteixán.
Deste xeito conseguiuse que o encontro decidírase nos intres fináis onde o acerto estivo do lado dos das Rías Baixas.

ANOTADORES: ANTELO 16, PABLO 2, GABI 9, CONCHADO 9, BRUNO 4, DIEGO 4, VICTOR 2, GUILLE 6. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario