lunes, 6 de marzo de 2017

ENCONTROS FIN DE SEMANA DO 4 E 5 DE MARZO

BENXAMÍN MASCULINO


CB ARTEIXO 49-CB OS ROSALES 58 (5-10, 7-13, 7-5, 2-10, 10-11, 18-9)


Moi mal partido en xeral dos pequenos do clube, con pouca intensidade e pouca concentración.
Un reflexo craro do que se ven facendo últimamanete, xa que parece que estivera todo feito e a relaxación instalouse no equipo benxamín.
Hai que recuperar o espírito de fai unhas semanas rapaces!! e voltar a loitar por tódolos balóns!!

ALEVÍN MASCULINO


CB ARTEIXO 45-BASQUET CORUÑA 31 (0-10, 10-4, 6-4, 8-4, 9-3, 12-6)


Terceira victoria acadada de xeito consecutivo polos alevíns do clube, notouse que por fin o equipo estivo ó completo.
Así e todo o conxunto comezou mal o encontro, con mala defensa e regalando moitos balóns no rebote defensivo, e as poucas canastas fáciles que se xeneraban remataban en erros.
Pero pouco a pouco foise mellorando a defensa o que propiciou rápidos contraataques que decantaron a balanza do lado dos de Arteixo.

INFANTIL MASCULINO


CB ARTEIXO 51-ESCOLA BASKET XIRIA 62 (12-17, 11-14, 10-15, 18-16)


Horrible o comenzo do encontro por parte dos locáis que sucumbiron ante a dura defensa do rival, e con grandes despistes propios. Pouco a pouco foise engraxando a maquinaria e a defensa e os rápidos contraataques fixeron que os de Arteixo se meteran no encontro. Tanto foi así que chegaron a colocarse un punto por enrriba no marcador, pero tres erros tontos deron ventaxa novamente os de Carballo.
Tras o descanso o encontro foi polos mesmos derroteiros, cun bo xogo por parte dos locáis moi perxudicados por os erros fináis.
No cuarto definitivo o encontro foi un correrúas con intercambio de canastas continuo.
Bo partido en xeral dos de Dani Fraga contra un conxunto que xa gañara os de arteixo de 30 na primeira volta.

INFANTIL FEMININO


CB ARTEIXO 39-FERROATLÁNTICA COSTA DA MORTE 37 (8-10, 6-14, 11-4, 14-9)


Claramente definiríamos o encontro como de "contrastes", un desastre na primeira parte e impresionante na segunda.
Comezaba o encontro moi igualado, pero con moitos despistes e pouca intensidade por parte do equipo local, as da Costa da Morte aproveitaban de maravilla tódolos erros das locáis. No segundo cuarto todo foi a peor e as visitantes marchaban no marcador ata os 10 puntos.
Sen embargo tras o descanso todo cambiou, as de Arteixo voltaron a xogar coma antes do parón de Nadal, cun espírito de equipo incrible, cunha defensa case que inexpugnable, deste xeito as visitantes quedaron no terceiro cuarto en 4 puntos.
No periodo definitivo a igualdade foi a nota dominante chegando o final do encontro con 3 puntos de ventaxa para as de Cee pero unha tripla  de Inés a falta de 30 segundos igualaba o encontro. Aquí volveu a aparecer a defensa das de Arteixo que recuperou o balón para ter a última posesión do encontro, onde cun tiro a 4 metros de Lola as de Arteixo leváronse o encontro.

CADETE MASCULINO


SANTA MARÍA DEL MAR 44-CB ARTEIXO 54 (15-12, 9-16, 8-12, 12-14)


Gran encontro dos de Arteixo, cun nivel de concentración en todo o encontro moi alto.
Os visitantes dominaron o ritmo de xogo en todo momento, e nos momentos complicados tamén foron quen de mover o balón para atopar os compañeiros liberados.
Na defensa a clave estivo en apretar ben as liñas de pase e as axudas constantes de tódolos xogadores.

JUNIOR MASCULINO


MARISTAS 68-CB ARTEIXO 75 (18-23, 14-17, 14-20, 22-15)


Outro gran encontro dos de Fran Lozano.
Comezou o encontro moi igualado con alternancia no marcador, pero dúas canastras sinxelas despois da saida da presión dan 5 puntos de ventaxa os visitantes.
No segundo periodo baixou a anotación, pero os visitantes seguiron a ser moi agresivos cara o aro e sacando moitas faltas os contrarios, deste xeito a ventaxa subiu ata os 8 puntos.
Tras o descanso o encontro non cambia e da a sensación de estar controlado polos de Arteixo, pero ó final do cuarto definitivo chega a precipitación e os colexiais métense no encontro, baixando a diferenza ata os 5 puntos. Pero a victoria nunca chegou a peligrar.

SENIOR MASCULINO SEGUNDA DIVISIÓN


LA SALLE 84-CB ARTEIXO 93 (23-24, 17-22, 24-24, 20-23)


Encontro moi igualado no que o equipo local o basou todo ó trilple anotando un total de 17, que o mantiveron no encontro en moitas fases da contenda.
Por contra os de Arteixo trataron en todo momento de controlar o ritmo de xogo, ainda que a empresa era moi complicada foron quen de facelo na maioría dos minutos, cun Jesús Moar moi inspirado que se foi ata os 42 puntos.
Os visitantes foron quen de gañar tódos os cuartos excepto o terceiro no que a igualdade foi máxima.
Deste modo arranca a segunda fase cunha victoria importantísima nunha cancha moi complicada.

ANOTADORES: JESÚS 42, CONCHADO 20, CAICOYA 4, ROBER 6, PABLO 3, ANDRÉS 12 Y GABI 6.

No hay comentarios:

Publicar un comentario