lunes, 20 de febrero de 2017

ENCONTROS FIN DE SEMANA DO 18-19 DE FEBREIRO

BENXAMÍN MASCULINO


OBRADOIRO 66-CB ARTEIXO 40 (13-3, 4-10, 13-6, 16-10, 7-5, 13-6)


Mal encontro o que xogaron os pequenos do CB Arteixo, con moitas perdas de balón e abusando en exceso do bote. No segundo e quinto periodo o xogo mellorou un chisco e os arteixáns ameazaron con meterse no encontro, pero finalmente non foi posible.

ALEVÍN MASCULINO


ESCLAVAS 32-CB ARTEIXO 62 (7-9, 9-12, 6-11, 8-11, 2-11, 0-8)


Encontro moi disputado onde os de Andrés Sanmartín acadaron a súa segunda victoria de maneira consecutiva, gañando tódolos cuartos por unha pequena diferenza.
Os visitantes basearon a súa victoria na intensidade defensiva.

INFANTIL MASCULINO


FERROATLÁNTICA COSTA DA MORTE BLANCO 47-CB ARTEIXO 58 (9-16, 11-10, 15-18, 12-14)


Importante victoria a colleitada polos rapaces de Dani Fraga na visita a Cee. Bo comenzo de encontro dos visitantes moi serios na defensa e con un xogo rápido. No segundo cuarto perdeuse o control do rebote defensivo o que provocou que os da Costa da Morte anotaran canastas sinxelas preto do aro.
Tras o descanso a cousa continuou polo mesmo camiño, pero os visitantes anotaban tamén con certa comodidade. No cuarto definitivo varias canastas de media distancia dos locáis facían perigar o marcador pero un bo final no aspecto defensivo fixo que a victoria marchara cara Arteixo.

INFANTIL FEMININO


BBCA PRAIA DE LOBADIZ 26-CB ARTEIXO 23 (6-3, 6-4, 8-6, 6-10)


Non lle sentou moi ben ás rapazas dirixidas por Iván García e Iziar Naveira a visita a cidade departamental. Cando menos no aspecto ofensivo onde o desacerto foi a tónica de todo o encontro, se ben as locáis non estiveron moito máis acertadas. Polo demáis moita pelexa por parte dos dous conxuntos, e un arreón final das de Arteixo que ameazaron con remontar o encontro nos intres fináis pero quedaron sen tempo.

CADETE MASCULINO


CB ARTEIXO 53-FERROATLÁNTICA COSTA DA MORTE 45 (13-7, 14-17, 14-7, 12-14)


Bo comenzo de encontro por parte dos de Fran Lozano con boas situacións de 1x1 e correndo ben o contraataque despois de rebote defensivo.
No segundo cuarto a defensa é moi mala sen ser capaces de defender as situacións de 1x1 do rival, e con mala circulación no ataque, de este xeito os visitantes acercáronse no marcador.
No terceiro cuarto e no comenzo do definitivo unha boa defensa fixo que se estableceran diferenzas por riba dos 10 puntos, pero unha relaxación final fixo que os ceenses xogaran a pracer e fixeran un parcial de 6-0, pero xa sen tempo para remontar.

JUNIOR MASCULINO


LICEO LA PAZ 54-CB ARTEIXO 50 (6-14, 16-14, 14-11, 18-11)


Despois de un moi bo inicio de encontro por parte dos de Arteixo movendo ben o balón en ataque contra a zona, todo foi a menos...
Defensa moi branda, espesura no ataque, e pouca intensidade fixeron que pouco a pouco os colexiais foran tendo máis e máis confianza ata terminar por remontar o encontro.

SENIOR MASCULINO TERCEIRA DIVISIÓN


CB ARTEIXO YUNQUE CARPINTERÍA METÁLICA FANDIÑO 55-DINAMO CBAJ CULLEREDO 42 (12-11, 11-6, 14-18, 18-7)


Encontro marcado polas baixas en ambos conxuntos, que se presentaron na pista con 6 xogadores cada un. No intermedio chegaría Jose para botar unha man os locáis.
Isto fixo que o encontro fora en xeral moi lento, cos visitantes instalados nunha defensa zonal 2-3 todo o encontro.
O máis destacable sucedeu ó final do encontro cando os de Arteixo sacaron forzasde non se sabe donde para dar un chisco máis na defensa e o acerto dende a liña de 3 fixo o resto para sumar a segunda victoria consecutiva.
ANOTADORES: VICTOR 16, ANDRÉS 5, GUILLE 8, DYLAN 5, DIEGO 11, JOSE 7 E NICO 3.

SENIOR MASCULINO SEGUNDA DIVISIÓN


CB ARTEIXO 75-RECAMBIOS FRAIN @ AXSC 66 (18-7, 21-20, 16-19, 20-20)


O encontro quedou marcado por un inicio sensacional dos locáis, cunha defensa moi intensa e xogando de forma intelixente no ataque.
A partires de aquí o encontro foi moi igualado con dous equipos moi acertados no ataque, os visitantes ameazaron con achegarse no marcador despois de colocarse nuha zona que se lle atragantou un chisco os de Arteixo, pero finalmente atoparon a os xogadores interiores para deixar as cousas como estaban.
Ainda que os locáis non se xogaban nada en principio, fixeron un econtro moi serio, e o final a victoria contará para a segunda fase que comezará en duas semanas, xa que finalmente o equipo que xogará polo ascenso será o Compañía de María.
ANOTADORES; ANDRÉS 17, CONCHADO 19, JESÚS 14, GABI 10, XOEL 15, GUILLE E VICTOR.
Destacar a asistencia dos lesionados Luís e Alex Antelo, xa queda menos para a volta!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario