lunes, 20 de marzo de 2017

ENCONTROS FIN DE SEMANA DO 18-19 DE MARZO

BENXAMÍN MASCULINO


CB ARTEIXO 24-FRANCISCANOS 74 (0-14, 8-13, 2-2, 10-16, 4-6, 4-23)


Mal partido dos pequenos do clube, que estiveron moi despistados na defensa e pouco activos no ataque.
Tamén estiveron moi lastrados polas faltas persoais. Con este panorama foi baixando pouco a pouco o ánimo dos xogadores arteixáns ata acabar perdendo claramente cun rival superior en tódalas facetas do xogo.


ALEVÍN MASCULINO


CB ARTEIXO 32-LA TORRE 39 


Bo comezo de encontro por parte dos de Arteixo, movendo moi ben o balón no ataque e anticipando moi ben na defensa, aínda que os maiores atrancos viñan polo rebote defensivo, que non terían solución ó longo do encontro, e que teminarían de soterrar as opcións de trunfo dos locáis.
Ademáis a defensa co paso dos minutos fíxose menos agresiva, baixando moito a intensidade, e o ataque deixou de ter fluidez para comezar a facer cada un a guerra pola súa conta, co que se lle facilitou a defensa ó rival, o que imposibilitou que se culminara a remontada.

INFANTIL FEMININO


CB ARTEIXO 60-BBCA PRAIA DE LUMEBO 26 (17-4, 18-14, 15-4, 10-4)


Un dos mellores encontros da tempada para as xogadoras de Iván García e Itziar Naveira, que xogando cun ritmo alto tiveron o control do encontro case que dende o comenzo ó final. Apoiadas nunha gran defensa de conxunto e controlando moi ben o rebote defensivo foron quen de anotar moitos puntos de contraataque.
Só no segundo cuarto baixou un chisco a concentración das arteixáns que permitiron demasiadas canastas sinxelas ó rival, pero o seu ritmo anotador no decaeu.

CADETE MASCULINO


DOMINICOS 58-CB ARTEIXO 53 (11-4, 15-19, 16-10, 16-20)


Non foi un bo encontro para os visitantes que xa dende o comezo tiveron dificultades para atacar a zona colexial perdendo moitos balóns.
No segundo cuarto mellorou un pouco a faceta ofensiva, pero a defensa seguiu sendo frouxa e aínda que a distancia reduciuse as sensacións non eran boas.
Tras o descanso voltan o atrancos no ataque e a defensa segue sen mellorar co que a distancia marcha ata os 9 puntos.
No cuarto definitivo o ataque volta a ser bastante bo, con situacións rápidas de xogo e agresividade defensiva en toda a cancha que provoca algúnha boa recuperación de balón, pero a defensa do 5x5 segue a ser mala (un lastre todo o encontro) e non é posible remontar.

JUNIOR MASCULINO


CB ARTEIXO 53- BBCA PRAIA DE CARIÑO 80 (11-19. 8-24, 15-19, 19-18)


Primeira parte do encontro para olvidar dos de Arteixo, sobre todo o segundo cuarto con innumerables perdas de balón propiciadas pola presión defensiva do equipo visitante, e a precipitación dos locáis, ademáis o rebote convírtese nun gran problema facilitando segundas e terceiras opcións ó equipo ferrolán.
Na segunda parte cambióu por completo a decoración, os de Arteixo comezaron a xogar cun pouco máis de calma e as perdas empezaron a minimizarse, no rebote a pelexa é máxima e xa non é tan doado para os visitantes ter segundas opcións (aínda que o seguen a dominar), e coma consecuencia de todo isto vese un encontro máis competido pero sen ter nunca opcións de gañar o partido dada a diferenza no marcador establecida na primeira parte.

SENIOR MASCULINO TERCEIRA DIVISIÓN


ADFRO 38-CB ARTEIXO YUNQUE CARPINTERÍA METÁLICA FANDIÑO 43 (16-9, 12-8, 6-10, 4-16)

Encontro marcado no primeiro e segundo periodo polo desacerto no ataque e unha defensa lamentable por parte do CB Arteixo, que permitía a os coruñeses anotar con facilidade en todas as situacións do xogo.
Tras o descanso o acerto seguiu con altibaixos pero a defensa xa era a esperada e os locáis tiñan verdadeiros atrancos para anotar quedando neste periodo en 6 puntos.
No cuarto defnitivo a defensa seguiu sendo de moito nivel e o ataque mellorou un chisco co que os visitantes terminaron levándose unha traballada victoria para a casa.

 ANOTADORES: DANI 5, ÁLVARO 9, DIEGO 6 , JOSE 8, VICTOR 8, PABLO 3, DYLAN 1, BRUNO 3 E NICO.

SENIOR MASCULINO SEGUNDA DIVISIÓN


MUEBLES VICTORIA BARCO 45-CB ARTEIXO 63 (14-17, 14-19, 4-15, 13-12)


Oito valerosos xogadores partiron cara o Barco de Valdeorras na mañán do domingo, 4 do primeiro equipo (dous deles lesionados, ou polo menos moi tocados) e catro do equipo de terceira que ante a praga de lesións e motivos laborais varios fixeron o esforzo de botar unha man nunha situación moi complicada. Nestes casos é onde se ve a implicación dos xogadores no clube e estes 4 teñen o recoñecemento de todos os menbros do CB Arteixo.
Só con estes precedentes xa merecía a pena ir pero e que aínda encima competiuse de maravilla, dominouse o encontro por completo con Guille Conchado e Xoel anotando con facilidade  e Guille Caicoya exercendo de improvisado 4 defensivo e amargandolle a vida a un dos interiores do Barco, e ademáis gañamos o encontro!
So queda felicitar a toda a expedición que terninou a xornada degustando un rico pulpo por cortesía de Victor ;)

ANOTADORES: NICO 6, VICTOR 2, DIEGO 6, DANI 3, GUILLE CAICOYA 3, GUILLE CONCHADO 21 E PABLO 4.

No hay comentarios:

Publicar un comentario