lunes, 6 de febrero de 2017

ENCONTROS FIN DE SEMANA DO 4 E 5 DE FEBREIRO


BENXAMÍN  MASCULINO


CB ARTEIXO 29-BALONCESTO CAMBRE 26 (9-4, 1-3, 6-7, 5-0, 5-8, 3-4)


Unha nova victoria para os pequenos do clube, ainda que esta foi unha das máis complicadas da tempada.
As defensas impuxéronse claramente os ataques, e as poucas veces que se facían boas xogadas ofensivas o desacerto cara o aro era a tónica domiñante.
Así e todo a victoria quedou na casa.

ALEVÍN MASCULINO


CB ARTEIXO 36-BASQUET CORUÑA CRISTO REY 47 (4-8, 4-9, 8-6, 2-16, 11-0, 7-8)


Encontro moi igualado o que se disputou na mañán do sábado, marcado por os múltiples despistes defensivos cometidos polos xogadores de Arteixo, que si conseguen armarse un pouco defensivamente comezaran a colleitar victorias novamente.

INFANTIL MASCULINO


MARISTAS 45-CB ARTEIXO 41 (6-10, 12-10, 12-11, 15-10)


Cando un xoga desconcentrado pasa o que pasa...
Ese podería ser o resumo do encontro, no que quitando un bo inicio no que os locáis non eran quen de anotar canastras sinxelas, o resto foi un despropósito cheo de erros. Cando un equipo termina por tirar 5 veces en cada a taque o normal é que consigan anotar.
De todos modos pelexouse ata o final e esa é a nota positiva que hai que que sacar do encontro.

CADETE MASCULINO


LICEO LA PAZ 54-CB ARTEIXO 77 (13-26, 18-10, 8-14, 15-27)


Moi bo comenzo de encontro con moita actividade defensiva roubando balóns e facendo un parcial de 9-0. Pero coma case sempre chegou o relaxamento que durou todo o segundo periodo e o comenzo do terceiro, co que o equipo colexial púxose un punto por arriba no marcador. A partires de aquí voltou o bo xogo ós de Arteixo que con boas situacións de 1x1 encaixaron ó seu rival un parcial final de 17-41.

JUNIOR MASCULINO


ADFRO 58-CB ARTEIXO 40 (15-8, 13-9, 11-10, 19-13)


Encontro moi frouxo o xogado polos arteixáns, con pouca intensidade defensiva, e pouca capacidade para sorprender a defensa zonal dos coruñeses.
O peor e que pouco a pouco os visitantes deixáronse ir e a victoria foi cómoda  para os de ADFRO, un rival o que se lle gañara na primeira volta.

SENIOR TERCEIRA DIVISIÓN


CB ARTEIXO YUNQUE CARPINTERÍA METÁLICA FANDIÑO 56-CB LARACHA M3 63 (15-19, 11-5, 6-23, 23-16)


Bo encontro o que se pudo ver no Pazo de Arteixo onde se xogaba unha especie de derbie pola proximidade e rivalidade entre os equipos.
Comezou bonito o encontro con intercambio de canastas, sen embargo os locáis sabían que non ían a poder aguantar o ritmo e axustaron a defensa no segundo cuarto e así marcharon 2 puntos por arriba no marcador ó descanso.
Tras o periodo intermedio os de Laracha fixeron o seu mellor baloncesto e maniataron por completo os de Arteixo, acadando unha diferencia para comenzar o periodo definitivo de 15 puntos.
Ahí parecía todo perdido, e as fantasmas do partido de ida comenzaron a aparecer, pero nada mási lonxe da realidade, cun bo traballo defensivo e moito acerto no ataque os locáis metéronse no encontro, e a falta de 2 minutos e con catro puntos por debaixo tuveron aunha situación de 1x0 para poñerse a 2, pero errouse e na xogada seguinte los de laracha anotaron unha tripla para prácticamente sentenciar o encontro.

ANOTADORES: ANDRÉS 20, VICTOR 12, GUILLE 4, DANI 3, ÁLVARO 11, NICO 4, PABLO 2, DIEGO Y BRUNO.

SENIOR SEGUNDA DIVISIÓN


CB ARTEIXO 93-CAFERLO CB VIVEIRO 84 (15-14, 27-8, 17-24, 34-38)


Impresionante encontro o que se disputou na tarde-noite do sábado no pazo de Arteixo, leeron ven o marcador, os locáis anotaron 93 puntos! cun último cuarto con tanteo NBA 34-38.
O partido comenzaba igualado cun Alex Antelo moi enchufado (acabaría o encontro con 39 puntos).
No segundo cuarto apareceron os mellores momentos da tempada por parte dos de Arteixo cunha defensa incrible, con 2x1 continuos no poste baixo e boas rotacións defensivas, no ataque Alex e Jesús seguían ó seu (5 triplas neste cuarto) para unha diferenza de 20 puntos ó descanso, algo inimaxinable o comenzo tendo en conta que os de Viveiro eran os líderes da clasificación.
Sen embargo na segunda parte quedaba moito por traballar. Saída moi forte dos visitantes que ameazaban con meterse no encontro, pero os de Arteixo, moi serios ían aguantando os arreóns.
Entrábase no último cuarto con 13 de ventaxa para os de Arteixo, e todo por resolver.
Camiñou o cuarto con intercambio de canastas continuas, as porcentaxes no tiro altísimas, e as defensas sen saber que facer para parar os atacantes contrarios. Así se chegou a os dous últimos minutos con diferenza de 10 para os locáis, e os visitantes, que nunca se dan por vencidos comezaron a facer continuas faltas para comprobar o pulso dos de Arteixo que acertaron en case que todos os tiros libres para terminar de deixar unha merecida e meritoria victoria na casa.

ANOTADORES: ALEX 39, CONCHADO 16, XOEL 8, JESÚS 25, GABI 3, CAICOYA 2, ÁLVARO, ANDRÉS, JOSE Y LUÍS.





No hay comentarios:

Publicar un comentario