lunes, 30 de enero de 2017

ENCONTROS FIN DE SEMANA 28-29 DE XANEIRO

BENXAMÍN MASCULINO


DOMINICOS A 34-CB ARTEIXO 52 (12-8, 4-9, 4-12, 6-9, 4-6, 4-8)

Comenzaron o encontro os de Arteixo un chisco despistados, con algunha perda de balón inecesaria, pero xa no segundo período as cousas foron indo a mellor, sobre todo no tema ofensivo no que os pequenos do clube tomaban boas decisións e xogando dende o pase foron marchando no marcador pouco a pouco.
Unha nova victoria para os nosos que están a facer unha moi boa tempada.

ALEVÍN MASCULINO


CULLEREDO ALMEIRAS 26-CB ARTEIXO 31 (7-4, 0-10, 2-6, 8-6, 0-1, 9-4)

Este foi o primeiro encontro sen Arka que tivo que deixarnos por mor de temas laborais, moita sorte compañeiro.
Os comenzos como se sabe son complicados, e saiu un encontro moi moi igualado, os nosos xogaban ben pero non tiñan acerto, e as canastras ían a contagotas. Pouco a pouco foronse afinando as punterías e as primeiras diferenzas apareceron no marcador.
Os locáis tiveron varios momentos de moita presión defensiva que os fixeron meterse no encontro, pero finalmente os de Arteixo mantuveron a calma e o bo xogo para traer a victoria para nosa casa.

INFANTIL MASCULINO


CB ARTEIXO 47-SANTO DOMINGO DE BETANZOS 82 (5-21, 14-19, 8-21, 20-21)

Encontro complicadísimo para os locáis que acudían á cita con innumerables baixas, pero así e todo os atrancos do inicio do encontro viñeron determinados porque os de Arteixo comezaron durmidos e dando moitas facilidades os de Betanzos.
O resto do encontro estivo marcado por a saída de presión, a ratos os locáis saían con facilidade e podían anotar, en outros momentos abusaban do bote e as dificultades aumentaban.
A pesares do resultado destacar un bo traballo dos de Arteixo fronte a un equipo no que na primeira volta so se lle anotaran 18 puntos.

CADETE MASCULINO


CB ARTEIXO 51-BALONCESTO CAMBRE 88 (17-21, 9-31, 10-18, 17-18)

O encontro comenzou moi ben no ataque encontrando boas accións para anotar, pero na defensa xa se vía que a superioridade física dos de Cambre ía a ser unha lousa moi grande.
No segundo cuarto o encontro quedou sentenciado, xa que as múltiples perdas de balón facilitaban o traballo dos visitantes.
Tras o descanso as cousas transcorreron máis ou menos polo mesmo camiño, aínda que nos últimos intres do cuarto o equipo recompoñeuse para igaular as cousas. Esta igualdade manteríase ata o final do encontro pero con este totalmente decidido.

JUNIOR MASCULINO


CB ARTEIXO 71-BASQUET CORUÑA 00B 50 (13-13, 22-11, 13-12, 23-14)

Moita igualdade no primeiro cuarto con poucos puntos e moitos despistes na defensa e no peche de rebote.
No segundo cuarto a mellora na defensa e cun ataque moito máis fluído as primeira diferenzas apareceron no luminoso.
Tras o descanso xogánse os mellores minutos do encontro pero cara o final do mesmo un parón de xogo fai que a igualdade no marcador do período sea máxima.
No cuarto definitivo tres triplas consecutivas fixeron despegarse definitivamente os de Fran Lozano para deixar definitivamente a victoria na casa.

SENIOR MASCULINO TERCERA DIVISIÓN


BALONCESTO CAMBRE 78-CB ARTEIXO YUNQUE CARPINTERÍA METÁLICA FANDIÑO 77

13-13, 22-19, 19-24, 24-21)

Moi complicado de explicar unha nova derrota pola mínima, pero o deporte é así...
Presemtábase o equipo en cambre cun equipo un tanto raro con 4 xogadores interiores e 4 exteriores, pero ese non foi o problema, o problema estivo en que case en ningún momento se defendeu ó nivel que requería o encontro e para un conxunto como o arteixán faise moi complicado anotar case que 80 puntos.
Así e todo volveu a acontecer de todo nos intres finais do encontro e unha vez máis a sorte foi esquiva cos do CB Arteixo.
ANOTADORES: ANDRÉS 18, VICTOR 10, BRUNO 4, JOSE 14, DANI 6, NICO 5, DYLAN 10 Y ÁLVARO 9.

SENIOR MASCULINO SEGUNDA DIVISIÓN


OPTICALIA EUME 76-CB ARTEIXO 57 (14-19, 17-16, 27-9, 10-13)

Resumen moi sinxelo de encontro, dous primeiros cuartos xogados cun bo nivel por parte dos de Arteixo, que amosaban o xogo dos últimos dous encontros, pero tras o descanso os de Eume subiron as liñas defensivas e aplastaron os visitantes, que en ningún momento foron quen de atacar a defensa en zona dos de ferrolterra. A partir de ahí un cuarto definitivo totalmente intrascendente.
Os de Arteixo sabían da dificultade de xogar na cancha dun dos favoritos da categoría, pero aspiraban a competir un pouco máis de tempo no encontro.
ANOTADORES: JESÚS 12, XOEL 9, ANDRÉS 2, LUÍS 4, ANTELO 9, PABLO 2, CONCHADO 19, CAICOYA Y ROBER.
 



No hay comentarios:

Publicar un comentario