lunes, 13 de febrero de 2017

ENCONTROS FIN DE SEMANA 11-12 DE FEBREIRO

BENXAMÍN MASCULINO 


SANTO DOMINGO DE BETANZOS 55-CB ARTEIXO 45 (2-4, 12-7, 9-6, 8-6, 6-7, 7-5)


Despois de moitas victorias consecutivas os pequenos do clube non poideron seguir coa sua boa xeira de resultados, e colleitaron unha derrota, pero sen embargo o xogo foi parecido a anteriores xogadas, so que nesta ocasión atopáronse en frente un dos mellores equipos da competición.
A seguir traballando coa mesma ilusión rapaces!

ALEVÍN MASCULINO


CB ARTEIXO 44-COMPAÑÍA DE MARÍA 38


Debutaba no banquiño dos arteixáns Andrés Sanmartín e facíao con victoria, eso si, moi moi traballada.
Os do CB Arteixo dominaron o encontro con ventaxes por riba dos 10 puntos ata o 5 periodo onde os visitantes se achegaron no marcador por erros na saída do balón e no rebote, pero unha boa circulación de balón nos intres fináis decantou a balanza do lado arteixán.

INFANTIL FEMININO


CB ARTEIXO 37-CB AS PONTES 49 (12-10, 10-14, 4-14, 11-11)


Comezaba a segunda fase para as rapazas de Arteixo, unha fase moi bonita na que os encontros van ser moi igualados, e así foi no primeiro.
Ata o descanso as defensas se impoñían os ataques, e as de Arteixo tiñan moitos problemas no rebote defensivo.
Tras o descanso as locáis axustaron o tema do rebote pero o desacerto en ataque foi a nota dominante, mentras que as pontesas empezaron a atinar co aro local.
No último periodo a igualdade voltou a cancha, e cun gran esforzo defensivo as locáis trataron de meterse no encontro, pero nesta ocasión o acerto non estivo do lado do CB Arteixo.

CADETE MASCULINO


CB ARTEIXO 44-LOS ROSALES 62 (14-21, 13-10, 9-19, 8-12)


Bo encontro, sobre todo na primeira metade na que se xogou con agresividade cara o aro e con boa actividade defensiva.
Unha mala saída tras o descanso, con perdas de balón e despistes defensivos no rebote fixeron que os coruñeses marcharn por riba dos 20 puntos.
No cuarto definitivo, aínda que sen mellorar o xogo, si se igualou a actividade na pista, pero no foi suficiente para recortar a diferenza no marcador.

JUNIOR MASCULINO


CB ARTEIXO 58- SANTA MARÍA DEL MAR 53 (4-16, 21-12, 18-9, 15-16)


Comenzou o encontro con moi mal xogo por parte dos arteixáns, e con pouco acerto, contra un conxunto colexial que se presentou con 5 xogadores.
1-14 de parcial nos primeiros 6 minutos e moi malas sensacións...
No segundo e terceiro periodo víronse os mellores minutos con moita máis intensidade e dinamismo no ataque, ainda que o xogar con velocidade perdéronse algúns balóns que impediron que a diferenza fora maior.
No último cuarto voltaron os atrancos para atacar a defensa zonal dos colexiais abusando do lanzamento triple, e nos últimos 5 minutos cando os visitantes quedaron con 4 xogadores na pista os de Arteixo tampouco souperon tomar boas decisións.
Así e todo a victoria quedou na casa.

SENIOR MASCULINO TERCEIRA DIVISIÓN


CE CUME ACB COSTA DA MORTE 39-CB ARTEIXO YUNQUE CARPINTERÍA METÁLICA FANDIÑO 59 (8-11, 11-10, 10-20, 10-18)


A pesar da diferenza no marcador final o partido foi complicadísimo, con dous conxuntos defendendo moi forte as súas respectivas zonas, así chegábase ó descanso con so 2 puntos de ventaxa para os de Arteixo.
Tras o periodo intermedio os do CB Arteixo subiron o ritmo de xogo e sorprenderon un poucos os ceenses, para marchar un chisco no marcador.
No cuarto definitivo a igualdade voltou a cancha e os locáis ameazaron con achegarse no marcador, pero finalmente unha boa defensa dos arteixáns deixou as cousa como estaban.
Por fin chegou a segunda victoria da tempada, esperemos que sexa a comenzo dunha boa racha.

ANOTADORES: GUILLE 9, ANDRÉS 19, PABLO 3, NICO 2, DIEGO 3, DYLAN 5, BRUNO 4, ÁLVARO 5, VICTOR 9, DANI F Y DANI G.
Destacar unha vez máis a presenza de Daniel Gómez que cunha lesíón grave de xeonllo segue a acompañar o equipo en case que todos os seus encontros, iso é facer equipo.

SENIOR MASCULINO SEGUNDA DIVISIÓN


MARISTAS CORUÑA 82-CB ARTEIXO 72 (21-21, 26-21, 12-19, 23-11)


Comezaba o encontro a toda mecha con dous equipos atacando en poucos segundos o aro rival, as defensas nin sairan dos vestiarios. Deste xeito os locáis tiñan todas as de gañar xa que os de Arteixo presentáronse o encontro con 3 baixas, que serían 4 tras a lesión de Antelo antes do descanso.
Así e todo, no terceiro periodo os de Arteixo axustaron por fin a súa defensa e puxeron en moitos atrancos os colexiais, para entrar no cuarto definitivo coas espadas en todo o alto.
No periodo definitivo a defensa zonal dos de Maristas atragantouse en exceso o de Arteixo, que con Antelo xa na ducha no tiñan o mellor día dende o perímetro.
Nos riscos fináis o marcador disparouse un chisco, pero o encontro deixou moi boas sensacións nos de Arteixo.

ANOTADORES: ANTELO 3, JESÚS 17, XOEL 9, ANDRÉS 14, GABI 12, CONCHADO 14, ROBER 3 Y GUILLE CAICOYA.






No hay comentarios:

Publicar un comentario