lunes, 9 de enero de 2017

XII torneo 3x3 de NADAL

Vaia frío na localidade de Arteixo o domingo pola mañá... pero non foi impedimento para que se celebrara o noso tradicional torneo 3x3 de Nadal, neste caso para poñer fin as enchentas e festas destas entrañables datas, dividimos o torneo este ano en 3 categorías: senior-junior, cadete-infantil e alevín-benxamín.
Os primeiros equipos chegaban ás 10:15 da mañá lucindo as suas mellores galas, algúns estreando as roupas que lles trouxeron os Reis Magos de Oriente, outros coas nosas equipacións e todos cheos de ganas de xogar o baloncesto, bueno, a verdade é que a maioría viñan cheos de frío e houbo que espabilalos e decirlles que foran collendo os balóns e se puxeran a quentar. Pero unha vez arrancado xa no fomos quen de paralos. Case que toda a mañá 4 canastas traballando a pleno rendemento e as dúas que estaban sen partidos sempre contaban con alguén facendo tiros, KOs, xogadas ou tiros imposibles.
A pesar de que como sabedes é un torneo NON competitivo, ningén quedou sen contar os seus puntos e todo o mundo tiña ganas de facelo moi ben.
Destacar especialmente un grupo de pais que viñeron o torneo amosando moita ilusión, so esperar que para o ano se animen as nais e pouco a pouco fagamos deste torneo unha gran festa do baloncesto arteixán.

Moitas grazas a tod@s pola ilusión e o sonriso co que vos achegastes na mañá do domingo ó Pazo dos deportes de Arteixo, e por suposto o Concello que coma sempre facilita o noso traballo ó máximo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario