lunes, 16 de enero de 2017

ENCONTROS FIN DE SEMANA DO 14-15 DE XANEIRO

BENXAMÍN MASCULINO


CB ARTEIXO 66-CB MONTROVE 15 (8-0, 12-2, 11-4, 11-4, 16-0, 8-5)

Unha nova victoria para os pequenos grandes xogadores de Victor García que dende o principio do encontro fixeron moi boas accións tanto na defensa coma no ataque.
A nota negativa do encontro foi a importante lesión de Martín. Recupérate pronto! Xa te botamos de menos!

INFANTIL MASCULINO


CB ARTEIXO 51-SANTA MARÍA DO MAR 49 (18-4, 8-8, 9-16, 10-15, 6-4)

A sorpresa da xornada veu da man dos xogadores de Dani Fraga que nun partido increible doblegaron o equipo coruñés que ata o sábado era o lider invicto da competición.
Xa no inicio os locais amosaron que ían en serio no partido, facendo os mellores minutos da tempada, cunha boa defensa e xogando en rápidos contraataques.
No segundo cuarto a tónica foi máis ou menos a mesma pero xa con un pouco menos de ritmo.
Tras o descanso os colexiais pasaron a defensa en zona e comenzaron os atrancos para os de Arteixo.
Ademáis no cuarto final os locáis empezaron a perder balóns nos constantes 2x1 dos visitantes.
De este modo chegouse a prórroga na que os nosos tiveron un chisco máis de acerto para levarse unha merecida victoria.

INFANTIL FEMININO


BASQUET CORUÑA LEYMA 04 61-CB ARTEIXO 29 (10-6, 15-4, 16-5, 20-14)


Un día complicado para as xogadoras de Arteixo que rendían visita ó lider invicto do seu grupo.
Ainda así xogaron un gran encontro facendo frente en todo momento á superioridade física das coruñesas.
A falta de unha xornada para rematar a primeira fase moi boa tempada por parte das arteixáns ata este momento.

CADETE MASCULINO


MARISTAS CORUÑA 66-CB ARTEIXO 51 (23-7, 16-14, 15-11, 12-19)


O encontro quedou prácticamente decidido no primeiro cuarto cun parcial de saida de 8-0 en pouco máis dun minuto.
A partir de ahí a contenda igualouse e os rapaces de Fran Lozano foron pouco a pouco soltandose no seu xogo pero os de Maristas sempre controlaron o encontro con cómodas ventaxas rondando sempre os 15 puntos fináis.

JUNIOR MASCULINO


CB ARTEIXO 52- ADFRO CAFÉ BAR O PERCEBEIRO 64 (15-18, 16-12, 10-21, 11-13)


A pesar do resultado non foi un mal encontro por parte do equipo local, que de inicio xogaba moi ben no 1x1 para provocar axudas e doblar o balón o compañeiro liberado.
Pero a partir do segundo cuarto os de ADFRO subiron a intensidade defensiva e cun parcial de 0-8 poñían o encontro moi costa arriba para os de Arteixo. Pero estes non baixaron os brazos en ningún momento ainda que non foron quen de achegarse no marcador.
Destacar o debut de Iago co equipo junior cunha boa actuación.

SENIOR MASCULINO 3ª DIVISIÓN 

BRISTOL TIGERS 56-CB ARTEIXO YUNQUE CARPINTERÍA METÁLICA FANDIÑO(10-11, 14-17, 15-14, 13-10, 4-3)


Unha vez máis a sorte foi esquiva o equipo de terceira do clube.
Un inicio espectacular dos arteixáns sorprendeu ó conxunto de Tigers, con rápidas transiciones e boas situacións de tiro. Pero a veteranía dos locáis fixo que pouco a pouco as cousas foran igualándose.
Tras o descanso o ataque de Arteixo foise facendo máis e máis espeso, e os locáis controlaban o ritmo de xogo, ademáis a 5 falta persoal de Guille Caicoya terminaba de dar un golpe máis ó ritmo dos visitantes.
Deste xeito chegouse a un final igualado que levou o encontro a prórroga.
Na prórroga o desacerto foi a tónica dominante, pero así e todo a última bola foi para os de Arteixo que sobre a bocina lanzaron a canasta e o aro escupiú o balón, deixando os de Iván García sen unha máis que merecida victoria contra un dos mellores conxuntos da competición.

ANOTADORES: VICTOR 12, DANI F. 9, ANDRÉS 11, JOSE 11, PABLO 7, GUILLE 2, DYLAN 2, NICO 1, DIEGO.
Destacar a asistencia a o encontro de Daniel Gómez cunha lesión moi grave dende o principio de tempada que case nunca falla a hora de animar os seus compañeiros.

SENIOR MASCULINO 2ª DIVISIÓN


CB CELTAS DE FOZ 54-CB ARTEIXO 67 (16-29, 18-14, 14-15, 6-9)


Por fin chegou a terceira victoria para os de Iván García na segunda divisón senior masculina.
Inicio impresionante no ataque cun gran acerto no tiro tanto de dous coma de tres puntos, cun sobresaínte Jesús Moar con 19 puntos no primeiro cuarto. A pesar de ese acerto no ataque na defensa non eramos quen de coller ningún rebote polo que os da mariña mantíñanse no encontro.
No segundo cuarto o acerto foi a menos e a defensa dos visitantes seguía sen asentarse polo que ó descanso o encontro seguía aberto.
Na reanudación do encontro os de Arteixo por fin comezaron a defender, e cerrar ben o rebote defensivo, o ataque xa nunca foi tan fluído coma no comenzo pero non se cometían erros importantes co que a diferencia foise mantendo ata o final do encontro.

ANOTADORES: JESÚS 29, XOEL 7, CONCHADO 9, ANDRÉS 13, ANTELO 5, ROBER 4, GABI E CAICOYA.










No hay comentarios:

Publicar un comentario