lunes, 23 de enero de 2017

ENCONTROS FIN DE SEMANA 21-22 DE XANEIRO

BENXAMÍN MASCULINO


CB ARTEIXO 41-JESUITINAS 23

Un novo gran partido dos pequenos do clube, que aínda que con atrancos leváronse unha nova victoria para Arteixo.

ALEVÍN MASCULINO


ARTAI 49-CB ARTEIXO 31 (10-3, 2-8, 8-4, 5-8, 14-2, 9-6)


Bo inicio de encontro por parte dos arteixáns pero con pouco acerto, por contra os de Carballo anotaban dende todas as posicións. Os seguintes cuartos foron de moita pelexa polos dous conxuntos e a igualdade foi a tónica dominante. Sen embargo nos cuartos finales os de Arteixo baixaron o seu nivel e os de Artai leváronse a victoria.

INFANTIL MASCULINO


CB ARTEIXO 21-LOS ROSALES 65 (6-8, 2-24, 5-17, 8-16)

Bo partido dos locáis de inicio, que refrendaban así o bo xogo da anterior xornada, pero unha defensa en zona proposta polo conxunto de Los Rosales fixo que as diferenzas foran sendo cada vez máis amplas no marcador.

INFANTIL FEMININO


CB ARTEIXO 57-ESCLAVAS 38 (18-9, 11-2, 14-15, 14-12)

Gran primeira parte das arteixáns cunha defensa case que inexpugnable e con rápidos contraataques.
Na segunda metade o encontro foi moito máis igualado coas colexiales anotando por momentos con facilidade, aínda que o resultado nunca peligrou para o equipo local.

CADETE MASCULINO


CB ARTEIXO 78-BASQUET CORUÑA 00B 47 (20-7, 19-17, 16-11, 23-12)

O encontro comenzou un pouco frío por parte dos dous equipos, pero os locáis activáronse rápido a través dos roubos de balón ó facer unha boa presión en toda a cancha. No segundo cuarto pasouse a unha situación de intercambio de canastas que deixaba o encontro aberto para a segunda parte.
Na volta os de Arteixo non deron lugar a sorpresa e impuxeronse claramente os coruñeses.

JUNIOR MASCULINO


LARACHA CENTROBUCODENTAL 48-CB ARTEIXO 85 (20-16, 10-20, 9-25, 9-24)

Mal arranque de encontro dos de Fran Lozano que non eran quen de defender os de Laracha no 1x1 e tomaban malas decisións no ataque.
Pouco a pouco foron axustando a súa defensa e sobre todo na segunda parte, impoñeron a súa superioridade para levarse para casa unha cómoda victoria.

SENIOR MASCULINO TERCEIRA DIVISIÓN


CB ARTEIXO YUNQUE CARPINTERÍA METÁLICA FANDIÑO 49-IDEFIC IMATIA 56 (8-10, 15-20, 14-8, 12-18)

Os de Arteixo non foron quen de acadar a súa segunda victoria da tempada a pesar de que andan na súa busca con toda a alma.
Bo inicio de encontro na intensidade pero o acerto era escaso por parte dos dous contendentes. No segundo cuarto os de Idefic fixeron un bo xogo, con intensidade na defensa e rápidos contraataque desbordaron os de Arteixo por momentos.
Na volta do descanso os de Arteixo amosaron a súa mellor faciana atacando con intelixencia a defensa 3-2 proposta polo equipo visitante e facendo a mellor defensa do encontro.
No cuarto definitivo os locáis voltaron a cometer erros importantes na defensa que non desaprobeitaron os de Idefic para levar para a Coruña unha merecida victoria.

ANOTADORES: ANDRÉS 17, ÁLVARO 8, PABLO 3, DYLAN 4, DIEGO 4, NICO 1, BRUNO 2, DANI F 5, GUILLE 5, VICTOR Y  DANI G.

SENIOR MASCULINO SEGUNDA DIVISIÓN


CB ARTEIXO 85-SANTO DOMINGO BETANZOS B 57 (27-12, 16-12, 21-12, 21-21)

Segunda victoria consecutiva dos de Arteixo nun partido moi completo dos de Iván García.
Bo inicio, con moito acerto no tiro por parte dos locáis, no segundo cuarto as cousas igualánsose un pouco.
Tras o descanso os do CB Arteixo voltaron o seu mellor xogo e deixaron sentenciado o encontro.
O equipo de Arteixo terá de que demostrar a semana que ven na cancha do Eume que está de verdade no mellor momento da tempada.
ANOTADORES: ALEX 22, JESÚS 26, ANDRÉS 13, LUÍS 6, ROBER 4, PABLO 4, CONCHADO 6, GABI 4, ÁLVARO, CAICOYA Y VICTOR.




No hay comentarios:

Publicar un comentario