lunes, 19 de diciembre de 2016

ENCONTROS FIN DE SEMANA DO 17-18 DE DECEMBRO

BENXAMÍN MASCULINO


SANTO DOMINGO DE BETANZOS 40-CB ARTEIXO 34 (17-4, 11-10, 6-2, 0-16, 2-0, 4-2)


Gran encontro o que xogaron os pequenos do clube contra un conxunto betanceiro moi intenso.
Pese o mal arranque os de Arteixo sempre deron a cara pelexando tódolos balóns durante todo o encontro.
Quitando o primeiro cuarto, onde os visitantes perderon moitos balóns e facilitaron o xogo dos de Betanzos, o encontro foi igualadísimo, con dúas defensas moi concentradas que non permitían anotar fácil o seu rival. Así chegouse a un final igualado no que os locáis estiveron un chisco máis atinados e se levaron finalmente a victoria.


ALEVÍN MASCULINO


CB ARTEIXO 13- CB MONTROVE 60 (7-12, 0-10, 6-14, 0-27)


Tiñan os de Arteixo un oso duro de roer na mañán do sábado, xogaban contra o lider invicto da competición, e a diferencia na clasificación terminou por notarse.
Sen embargo no inicio os visitantes comezaron cunha gran defensa e xogando ben en ataque para terminar o primeiro cuarto moi igualados, pero pouco a pouco a calidade dos de Montrove foise impoñendo. 


INFANTIL MASCULINO


ESCOLA BASKET XIRIA 64-CB ARTEIXO 37 (18-14, 14-9, 16-7, 16-6)


Bo inicio de encontro por parte do equipo visitante, cun xogo moi fluido no ataque, sen embargo na defensa os problemas no 1x1 falicitaban as cousas os de Carballo. No segundo cuarto os rapaces de Arteixo axustaron un pouco a defensa e os problemas apareceron nas perdas de balón, asi e todo moi igualada esta primeira parte.
Na segunda o cansanzo fixo das súas case dende o principio e a maior profundidade de banquiño dos carballeses fixo o resto, para pouco a pouco irse alonxando no marcador.
En xeral gran encontro dos do CB Arteixo contra un equipo superior físicamente.


INFANTIL FEMININO


CB ARTEIXO 53- CD LOS ROSALES 43 (8-14, 18-7, 13-10, 14-12)


Gran partido das xogadoras do CB Arteixo a pesar dun arranque de encontro moi dubitativo, con moitas imprecisións e sen decisión no 1x1.
Pero a verdade é que isto só foi un espellismo, porque no inicio do segundo periodo veuse o mellor baloncesto das arteixáns no que levamos de tempada, cunha gran defensa e rápidos contraataques foron moi superiores ás coruñesas.
Tras o descanso a cousas igualaronse un chisco, pero sempre aumentando pouco a pouco a difernza en favor das nosas xogadoras.
No último cuarto as do Rosales fixeron un último esforzo por achegarse no marcador pero as de Arteixo terminaron por levarse unha cómoda victoria que supón a terceira consecutiva.


CADETE MASCULINO


CB ARTEIXO 34- ESCOLA BASKET XIRIA 54 (7-13, 9-18, 8-11, 10-12)

 

O partido decidiuse na primeira metade, os xogadores de Xiria souperon aprobeitar moi ben a súa superioridade física e os erros do CB Arteixo. De este xeito cada erro no ataque e cada erro ó pechar o rebote era aproveitado polos visitantes, para chegar ó descanso con 15 puntos de ventaxa.
No arranque tampuco melloraron moito as cousas e os de carballo marcharon un chisco máis no marcador, pero os de Arteixo nunca se renderon e cun gran esforzo conseguiron que a distancia no marcador non fora a máis, e igualaron o xogo cos seus rivais.


SENIOR MASCULINO TERCEIRA DIVISIÓN

 

CB ARTEIXO YUNQUE CARPINTERÍA METÁLICA FANDIÑO 43-FUNDACIÓN CULLEREDO 68 (14-15, 9-22, 15-16, 5-9)

Competir era a palabra ante as 5 baixas que tiña o equipo local, e competir competiuse pero non foi da bondo para poder poñer en apretos a un gran equipo coma o de culleredo.
O partido quedou prácticamente resolto no segundo cuarto onde os de Arteixo non foron quen de atacar a defensa en zona planteada polos visitantes e a defensa deixou de estar intensa para encaixar 22 puntos.
A demáis a gran diferenza nas faltas persoais (23 para os da casa e 13 para os de fora) foi lastrando aínda máis os xogadores de Arteixo.
Así as cousas victoria cómoda e merecida para os de Fundación.
ANOTADORES: DANI F. 5, PABLO 12, DYLAN 7, VICTOR 6, ÁLVARO 8, BRUNO 5 Y NICO.


SENIOR MASCULINO SEGUNDA DIVISIÓN


CB ARTEIXO 58-COMPAÑÍA DE MARÍA 74 (22-25, 10-16, 15-15, 11-18)

 

Catro baixas moi importantes tiñan os de Arteixo, pero no inicio do encontro non se notou para nada, xa que os dous equipos comezaron a tope, anotando con facilidade dende calquera posición.
No segundo cuarto as defensas axustaronse un pouco ainda que a dos locais seguía permitindo demasiadas canastas sinxelas.
Tras o descanso esperábase a reacción do CB Arteixo pero non daba chegado e os santiagueses marchaban ata os 15 puntos de ventaxa. Ahí apareceron os mellores momentos dos locais que colocados en defensa 3-2 puxeron en apretos os colexiais, que viron como a súa ventaxa quedaba so en 7.
Pero no derradeiro periodo as cousas voltaron o principio e os de Santiago levaron unha fácil victoria do Pazo de Arteixo.
 ANOTADORES: CONCHADO 20, ALEX 6, PABLO 6, ROBER 4, ÁLVARO 9, LUÍS 9, ALBERTO 4, GABI Y VICTOR

AGORA TOCA DESFRUTAR DO NADAL PERO SEN DEIXAR DE ADESTRAR, A VOLTA TOCARÁ MELLORAR EN TÓDOLOS ASPECTOS DO XOGO, PERO SOBRE TODO SEGUIR A DISFRUTAR CO BALONCESTO!!

BO NADAL A TODA A FAMILIA DO CB ARTEIXO!!









No hay comentarios:

Publicar un comentario