lunes, 12 de diciembre de 2016

ENCONTROS FIN DE SEMANA DO 11-12 DECEMBRO


BENXAMÍN MASCULINO


CB ARTEIXO 63-JESUITINAS 12 (8-6, 24-0, 10-6, 8-0, 13-10)


Nova victorias dos pequenos do clube, que siguen coa súa boa xeira de resultados.
Comenzaron o encontro sen moita intensidade, pero pouco a pouco os de Víctor García foron subindo liñas en defensa para comezar a roubar balóns e realizar rápidos contraataques. Foron moi superiores no 1x1 case que todo o encontro. Si ben en algúns intres foron capaces tamén de xogar dende o pase, realizando boas xogadas colectivas.

ALEVÍN MASCULINO


BASQUETCORUÑA 21-CB ARTEIXO 44 (3-5, 5-2, 3-12, 3-10, 4-4, 4-11)


Gran partido dos de Arka, con un traballo defensivo extraordinario, no ataque tamén estuveron moi acertados movendo ben o balón e xogando bos 1x1.

INFANTIL MASCULINO


CB ARTEIXO 44-ACB COSTA DA MORTE (14-11, 7-16, 13-6, 10-9)


Primeira, e moi merecedida victoria da tempada para os de Dani Fraga, que viñan traballando moi ben pero pagaban o ser inferiores físicamente os seus rivais.
Bo inicio na defensa roubando balóns e realizando rápidos contraataques. No segundo periodo os de Cee encontraron os seus xogadores importantes e comenzaron a martillear o aro local para colocarse así por diante o descanso.
No terceiro cuarto todo voltou a ser coma no inicio e os de Artexo apretaron en defensa e voltaron a xogar rápido para igualar a contenda.
No periodo definitivo, foi todo moi igualado, os locais quedaron sen pezas importantes por mor das faltas pero demostraron moito carácter e competitividade para deixar a victoria na casa.

INFANTIL FEMININO


XIRIA CARBALLO 41-CB ARTEIXO 44 (8-14, 14-12, 12-11, 7-7)


Segunda victoria consecutiva para as rapazas dirixidas por Iván García e Itziar Naveira.
A victoria cimentouse nun primeiro cuarto de bo nivel, cunha boa defensa (que duraría todo o encontro) e rápidos contraataques, nos que o equipo carballés non era que de facer un bo balance defensivo.
No resto de cuartos a igualdade foi a tónica dominante xa que as locáis foron axustando a súas pezas e cada vez custaba máis anotar unha canasta.
Así se chegou a un final de infarto no que as de Arteixo tiveron a mente fría para levarse o encontro.

CADETE MASCULINO


ESCLAVAS 40-CB ARTEIXO 57 (9-18, 13-8, 8-15, 10-16)


Gran traballo dos cadetes na mañán do sábado na polideportiva de Riazor. Gran inicio de encontro cun 0-14 de parcial. Pero pouco a pouco os locais foron asentando o seu xogo e a través de bos 1x1 foron acercándose no marcador.
Na segunda parte axustouse mellor a defensa e aínda que con problemas de faltas , os visitantes tiraron de orgullo para pelexar tódolos rebotes, e poder voltar a xogar rápido, de este modo poideron disfrutar dun tranquilo final de partido, e dunha merecidísima victoria.

JUNIOR MASCULINO


CB ARTEIXO 61-MARISTAS 65 (19-13, 11-19, 16-23, 15-10)


Moi bo partido, sobre todo na primeira metade, conta o lider invicto do grupo, defendendo forte e xogando rápido, sorprendendo así os colexiais que non eran quen de parar o xogo do CB Arteixo.
Pero pouco a pouco o cansazo vai facendo das súas entre os locáis (só 6 xogadores), e os de Maristas comezan a impoñer o seu físico. Tampouco axudan os erros baixo aro e no tiro libre.
No último minuto da primeira parte os coruñeses póñense por diante por primeira vez e xa no deixarían a ventaxe ata o final do encontro. Si ben os de Arteixo nunca se renderon, e despois de perder ata de 12 puntos foron quen de baixar ata os 4 finais.


SENIOR TERCERA DIVISIÓN MASCULINO


DINAMO CBAJ CULLEREDO 57-CB ARTEIXO YUNQUE CARPINTERÍA METÁLICA FANDIÑO 55 (8-18, 20-11, 17-12, 12-14)


Non pudo ser, a segunda victoria dos de Arteixo estivo preto, pero ó final saliu cruz...
Gran saída de vestiarios, cun ritmo vertixinoso desarbolando os de Culleredo.
No segundo cuarto os locais asentaronse mellor na pista e os visitantes comezaron a errar algunha situación sinsexa de canasta, de tal modo que o marcador quedaba moi igualado para a segunda parte.
Saida moi mala de segunda parte con erros de concentración que fan que os de Dinamo escapen un pouco no marcador, pero os de Arteixo foron quen de voltar ó xogo do principio e alternando defensas metéronse de novo no encontro.
O definitivo cuarto foi moi igualado, con intercambio de canastas o final, pero na última posesión ata 3 tiros dos visitantes non quixeron entrar para levar o encontro a prórroga ou para levarse a victoria directamente.
ANOTADORES: DANI F 3, ÁLVARO 19, PABLO 12, CAICOYA 6, VICTOR 9, DYLAN 3, NICO 3 Y DANI A.


SENIOR SEGUNDA DIVISIÓN MASCULINA


RECAMBIOS FRAIN AXSC 57-CB ARTEIXO 55 (16-13, 14-12, 15-14, 12-16)


Dificil de explicar o que aconteceu na tarde do domingo no pazo dos deportes de Lugo no último minuto do encontro, pero comencemos polo principio...
Comenzaba o equipo local metendo moitos balóns interiores a os seus xogadores grandes, mentres que a defensa dos de arteixo era moi branda. No ataque xogábase con criterio, a aínda que non se anotaba con fluidez o traballo estaba ben feito. O segundo cuarto trouxo máis do mesmo, brandos preto do aro nas dúas zonas.
Despois do descanso foi un desastre, a defensa seguía a facer augas, e no ataque cada un ía ó seu, de este xeito os de Lugo escpábanse no marcador ata os 15 puntos, semellaba que a paliza ía a ser das importantes.
Sen embargo por fin se axustou a defensa, saltando forte nos bloqueos directos, e utilizando ben o corpo nos indirectos, no ataque voltouse a xogar coma equipo e os danos ó final do cuarto foron mínimos.
No periodo final o xogo seguiu igual, incluso un puntiño mellor na defensa, e pouco a pouco os de Arteixo foron poñéndose por diante, e entraron no último minuto 3 puntos por enriba (os locáis sólo foron quen de anortar ata este intre 7 puntos). E entón sucediu o inexplicable, unha boa defensa dos visitantes termina cun balón rexeitado que cae nas mans dun xogador lucense que ben defendido anota unha canasta sobre a bocina de 24. Na xogada seguinte mal ataque por parte dos visitantes con igualdade no marcador e 20 segundos por xogarse. Outra vez unha defensa increible, con cambios, axudas, segundas axudas, e o balón nun mal pase vai a un xogador aberto que ven defendido fai un mal tiro que termina rebotando no taboleiro e caendo dentro do aro para sorpresa de uns e outros.

ANOTADORES: CONCHADO 17, JESÚS 13, GABI 7, CAICOYA 4, ROBER 2, ALBERTO 2, XOEL 4, LUÍS 6, PABLO Y ANTELO.













No hay comentarios:

Publicar un comentario