lunes, 14 de noviembre de 2016

CRÓNICAS ENCONTROS 11-12 NOVEMBRO 2016



BENXAMÍN MASCULINO:


CB ARTEIXO-DOMINICOS B

Unha mágoa que na tarde do sábado os de Dominicos non se presentaran ó encotro que tiñan que disputar, e por tanto os de Arteixo ganoron por incomparecencia do rival.

ALEVÍN MASCULINO:


CB ARTEIXO 39-COMPAÑÍA DE MARÍA B 38 (12-14, 8-7, 4-2, 3-5, 8-2, 4-8)

Partido moi igualado o xogado polos dous contendentes na tarde do sábado no Agra II, no que as defensas impuxéronse os ataques e un bo acerto final no lanzamento a canastra fixo que os arteixáns se levaran finalmente o encontro.

INFANTIL MASCULINO:


SANTO DOMINGO DE BETANZOS 81-CB ARTEIXO 31(28-7, 29-14, 24-10)

Mal inicio de encontro por parte do equipo visitante con múltiples erros na saída de presión regalando innumerables balóns. No segundo periodo a cousa mellorou un chisco, xogando bos 1x1 e saindo moito mellor da presión. No terceiro cuarto as forzas empezaron a faltar e a superioridade dos betanceiros fíxose patente.
A pesar do resultado mellora importante dos nosos que continuan coa sua formación con moita ilusión e esforzo. Destacar a Isaak que anotou 14 puntos.

INFANTIL FEMININO:


CB ARTEIXO 42 -BASQUET CORUÑA 04 58 (12-10, 7-17, 10-18, 13-13)

Bo partido o xogado por as arteixáns que seguen a dar pequenos pasos adiante na súa formación. Contra o equipo lider do grupo mantiveron o tipo durante todo o encontro, incluso na primeira parte estiveron por diante no marcador, pero pouco a pouco foise impoñendo o maior físico do equipo coruñés.


CADETE MASCULINO:


CB ARTEIXO 50-SANTA MARÍA DO MAR 70 (11-21, 16-12, 11-19, 12-18)

Encontro para olvidar por parte dos de Arteixo, que fixeron unha defensa contemplativa durante todo o encontro, incapaces de aguantar os seus rivales no 1x1.
Na segunda parte ainda encima deixouse de facer o balance defensivo, o que propiciaba canastas sinxelas para os colexiales. A todo isto, uniuse un gran desacerto no lanzamento de tiros libres (12/28).

JUNIOR MASCULINO:

 

SANTA MARÍA DO MAR 60-CB ARTEIXO 56 (13-20, 20-6, 16-17, 11-13)

Bo inicio de encontro por parte dos arteixáns que encontraban boas opcións de canasta, na defensa ainda que sen moita actividade conseguían provocar os erros do equipo local.
No segundo cuarto comezaron os problemas, con moitos erros no pase e defendendo con pouca agresividade.
Despois do descanso o equipo visitante tratou de activarse a través dunha defensa presionante que alternou roubos de balón con canastas sinxelas para o equipo colexial.
No cuarto definitivo tratouse de rebaixar a diferencia pero sen controlar en ningún intre o rebote defensivo non foi posible.

SENIOR MASCULINO TERCEIRA DIVISIÓN:


CB ARTEIXO YUNQUE CARPINTERÍA METÁLICA FANDIÑO 69-BALONCESTO CAMBRE 70
(15-14, 8-13, 13-14, 22-17, 11-12)
ANOTADORES: NICO 4, DANI ALONSO 11, DIEGO 6, GUILLE 12, DYLAN 8, VICTOR 24, ZAS 2, DANI FRAGA, PABLO ALONSO.

Partido con moitas alternancias no marcador entre dous equipos que xogaron un encontro de poder a poder, en momentos semellaba que os de Cambre escapaban no marcador e o momento seguinte eran os de Arteixo os que ameazaban coa escapada, pero ó final ninguén foi quen de escaparse no marcador e con 2 puntos arriba o equipo visitante e bola para os locáis Victor anotaba unha canasta que levaba o encontro a prórroga.
O comenzo de esta foi inmellorable para os de Arteixo que chegaron a estar 7 puntos por diante pero inexplicablemente marcharon do encontro permitindo canastas moi sinxelas o seu rival, que non desaproveitou nesta ocasión os regalos para levarse a victoria.
Destacar a participación por primeira vez nesta tempa dos junior Adrián Zas e Dani Alonso que fixeron un gran encontro.

SENIOR MASCULINO SEGUNDA DIVISIÓN:


CB ARTEIXO 50-OPTICALIA EUME 67 (5-18, 19-13, 18-24,8-12)

ANOTADORES: ROBER 9, ALEX 15, CONCHADO 9, XOEL 3, ALBERTO 2, GABI 3, LUIS 6, JESÚS 3

Partido para olvidar dos de Arteixo o xogado en Meicende , que xa no comenzo demostraron que ía a ser unha mala tarde de sábado. 5 Primeros minutos sen anotar e unha defensa máis que deficiente provocaron as primeiras ventaxas dos de Pontedeume. No final do segundo cuarto un gran esforzo dos de Arteixo xunto cos mellores minutos en ataque fixeron que as diferencias quedaran en tan só 7 puntos o descanso.
Pero foi un espellismo, na reanudación a defensa dos locáis voltou a ser un desastre e o ataque outro tanto do mesmo, e os de Eume movían o balón o seu antoxo e encontraban boas opcións preto do aro.

Esta nova derrota na casa deixa un balance para o CB Arteixo de duas victorias e duas derrotas, na próxima semán visitan ó lider en Viveiro.



Mal finde para os nosos equipos en canto os resultados, pero non podemos perder o ánimo, queda moita tempada por diante e pensando as cousa con un pouco de frialdade seguro que atopamos moitas cousas positivas.

Comenza unha nova semán de adestramentos, a traballar todo o mundo con ilusión.

Forza Arteixo!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario