lunes, 21 de noviembre de 2016

ENCONTROS FIN DE SEMANA 19-20 DE NOVEMBRO




BENXAMÍN MASCULINO


CB ARTEIXO 47- EIRÍS 11 (16-0, 5-5, 10-2, 1-2, 7-2, 8-0)


Bo partido o xogado polos rapaces de Arteixo, que exceptuando un par de cuartos foron moi superiores o seu rival, xogando dende o pase e facendo moi boa defensa.


ALEVÍN MASCULINO


JESUITINAS 46-CB ARTEIXO 33 (24-8, 3-7, 2-2, 8-5, 7-8, 2-3)

 

Un mal arranque do choque por parte dos visitantes fixo que o equipo colexial arrincara as primeiras ventaxas que se manterían durante todo o encontro. A pesar de iso moi bo traballo do equipo arteixán tanto na defensa coma no ataque durante o resto do choque contra un gran equipo.


INFANTIL MASCULINO

 

CB ARTEIXO 35-MARISTAS CHAMPAGNAT 40


A piques estivo na mañá do domingo de conseguir o equipo de Dani Fraga a sua primeira victoria da tempada, pero a sorte non estivo finalmente co equipo local.
Bo inicio de encontro saíndo rápido o contraataque pero errando máis da conta en situacións de 1x0.
No segundo periodo a defensa foi moito peor xa que os xogadores de Arteixo estaban moi mermados polas faltas. Tras o descanso volveu o bo xogo pero tamén os erros en situacións de ventaxa en contraataque.
No cuarto periodo co partido ven encarrilado apareceron os nervos normáis en xogadores tan novos e o equipo de Maristas logrou empatar o encontro e levalo á prórroga .
No periodo extra os coruñeses foron mellores e se levaron o encontro.


INFANTIL FEMININO


ESCLAVAS 27-CB ARTEIXO 63 (0-14, 8-10, 5-23, 14-16)


Primeira victoria da tampada para as xogadoras de Iván García, que fixeron un encontro moi completo, sobre todo no inicio do encontro e despois do descanso, onde a través dunha gran defensa conseguiron sacar rápidos contraataques para anotar con facilidade.
Nos outros dous cuartos o equipo local logrou igualar moito a contenda.

CADETE MASCULINO


BASQUET CORUÑA 87-CB ARTEIXO 33 (31-6, 20-4, 20-11, 16-12)


Encontro sen moita historia, no que o equipo coruñés mostrouse moi superior o longo dos 3 primeros cuartos. No último os de Arteixo conseguiron xogar un pouco máis soltos e facer un pouco o seu xogo, pero a superioridade dos locáis fíxose insalvable.

JUNIOR MASCULINO


CB ARTEIXO 54-LICEO LA PAZ 46 (11-13, 13-9, 14-10, 16-14)


"O mellor o resultado, o xogo pódese mellorar moito", así falaba Fran Lozano o final do encontro. O adestrador local destacou que o encontro xogouse a rachas. O equipo de Arteixo case sempre estivo diante no marcador pero tivo moitas dificultades na defensa do 1x1 e no rebote defensivo. Ainda así no último periodo subiuse un chisco a intensidade para poder conservar a ventaxa ata o final.

SENIOR MASCULINO 3ª DIVISIÓN


CB LARACHA 72-CB ARTEIXO YUNQUE CARPINTERÍA METÁLICA FANDIÑO 38 (12-9, 19-15, 16-8, 25-6)


Moi boa primera parte por parte do equipo de Arteixo, cunha boa defensa e encontrando en ataque os xogadores interiores para mover o balón con fluidez. Tamén se saiu da presión en toda a cancha proposta por o adestrador local, Javier Cotelo, con moito acerto. Pero nos últimos 2 minutos do segundo cuarto apareciu o primeiro gran desastre do encontro, 3 perdas de balón consecutivas fixeron que Laracha marchara cunha pequena ventaxa ó descanso.
Na volta dos vestiarios os de Iván García seguían firmes na defensa pero no ataque non eran quen de anotar unha sóa cansasta, o que iría menguando pouco a pouco a súa capacidade de resposta.
No derradeiro periodo no houbo historia, os visitantes baixaron definitivamente os brazos e os de Laracha non o desaprobeitaron, roubando innumerables balóns e anotando con facilidade.

ANOTADORES: ANDRÉS 3, NICO 8, VICTOR 9, DIEGO 3, PABLO 5, ZAS 2, DANI ALONSO 4, FRAN 3, DANI FRAGA, DANI LÓPEZ E DYLAN.


SENIOR MASCULINO 2ª DIVISIÓN


CARFERLO VIVEIRO 81-CB ARTEIXO 43 (18-8, 23-10, 17-13, 23-12)


Encontro sen ningunha historia o dIsputado na tarde do sábado no polideportivo municipal de Viveiro.
O equipo local foi moi superior no xogo interior e no exterior, anotando canastas de todas as cores, correndo por momentos e atacando con calma noutros.
Os visitantes so se entonaron algo no segundo tempo, pelexando polo menos todos os balóns, pero en definitiva as baixas (hata 5 xogadores) foron un lastre demasiado grande.

ANOTADORES: ROBER 4, JESÚS 11, GABI 7, ANDRÉS 15, ALBERTO 3, LUIS 3 Y PABLO.



No hay comentarios:

Publicar un comentario