Partido correspondente á final da Copa Primavera Junior Masculino, disputado o domingo ás 18:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
Enfrontábanse Basquet Coruña 99 e Baloncesto Narón despois de gañar en semifinais a C.E. Cume Cee e C.B. Arteixo respectivamente.
Comezou o partido con Basquet Coruña 99 dominando o marcador (1-6), pero mediado o periodo Baloncesto Narón entrou no partido cun parcial de 10-0 que os poñía por diante e facía que os coruñeses solicitasen tempo morto (11-6). A partir deste momento o tempo do partido foi dominado por Pablo Rodríguez facendo que Narón finalizase o periodo por diante no marcador (25-17)
Durante o segundo periodo, Narón seguía a controlar o partido grazas á súa defensa, ó rebote defensivo e ó control do ritmo de xogo. Basquet Coruña trataba de disminuir a diferenza pero os erros no lanzamento baixo o aro e de longa distancia, facían que a vantaxe rondase sempre os 10 puntos a favor dos naronenses, para chegar ó descanso 39-29
Á volta do descanso Basquet Coruña saiu coa lección aprendida e cunha defensa a toda pista comezou a achegarse no marcador, obrigando ós de Narón a solicitar tempo morto (39-33). Grazas a esta intensidade defensiva e ós problemas para saír da presión dos de Narón o partido foise igualando cada vez máis ata empatar a 41 a falta de minuto e medio para rematar o periodo. Un intercambios de dúas canastras por parte de Narón e unha tripla de Basquet Coruña puxeron o marcador 45-44 ó final do periodo, deixando todo por decidir no último periodo.
O periodo comezou cun 0-6 de parcial para Basquet Coruña (45-50) en minuto e medio, obrigando de novo ós de Narón a parar o partido. Varios ataques consecutivos de Narón rompendo a presión coruñesa, volveron a igualar o marcador (51-53).
Dúas triplas consecutivas de Narón propiciaron un parcial de 6-0 para situarse de novo por diante no marcador (57-53), pero varios ataques convertidos por Basquet Coruña igualaban o marcador a 59 a falta de menos de dous minutos.
Basquet Coruña anotaba a falta de 1:14 e Narón solicitaba tempo morto para preparar un ataque. Tras varios ataques errados, Narón empata o partido a 61 a falta de 24 segundos, sendo esta vez Basquet Coruña quen solicita tempo morto.
No ataque, os coruñeses non conseguen anotar o lanzamento realizado a falta de 12 segundos, deixando tempo para unha última acción dos de Narón. Pablo Rodríguez asumiu a responsabilidade, pero non foi quen de anotar. Pero apareceu Pepe Moreno para rebotear en ataque e anotar un lanzamento sobre a bocina que lle daba a victoria ó seu equipo (63-61)

Baloncesto Narón
Alberte Gómez, Cristian Soto, Pepe Moreno, Paco Murcia, Pablo Rodríguez, Sergio Menes, Sergio Cabana, Óscar Pena, Bruno Alcolea, Daniel Grandal e Javier López
Adestrador: Juan Pérez
Basquet Coruña 99
Santi Baixeras, Jaime Méndez, Fernando García, Diego Regueira, Víctor López, Juan Manuel Sandino, Jorge Rodríguez, Carlos Tojeiro, Óscar Rodríguez, Dani Rilo, Dairon Pita e Adrián Lema
Adestrador: Luis Villada
Axudante: Juanfran Llull
Equipo arbitral:
Javier Blanco Jacobo Curros
Susana Vilarín Adriana González
Noraboa ó Baloncesto Narón pola súa victoria no partido e pola gran fase final que realizou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario