domingo, 22 de mayo de 2016

2ª semifinal Copa Primavera Junior Masculino: C.E. Cume Cee - Basquet Coruña 99

Segunda semifinal da Copa Primavera Junior Masculino, disputada no Pazo dos Deportes de Arteixo o domingo ás 12:30 horas.

Enfrontábanse o C.E. Cume Cee e Basquet Coruña 99, con victoria dos coruñeses por 36-51.

O partido comezou igual que o anterior, cos dous equipos tanteándose. Mediado o periodo a intensidade defensiva de Basquet Coruña, unida á mala selección ofensiva de Cee propiciou que os coruñeses se despegasen no marcador grazas tamén ó seu dominio no rebote (8-17)

No segundo periodo, o marcador non se moveu durante os primerios 5 minutos de xogo. Os de Cee plantexaron unha defensa zonal que se lle atascou ós coruñeses. Mentres que estes seguían a dominar o rebote defensivo e na defensa do 1x1. Moitos erros no tiro, incluso en posicións próximas ó aro. O marcador moveuse cunha tripla de Baixeras para seguir distanciando ós coruñeses. Pouco a pouco os ceenses foron reducindo a desvantaxe no marcador grazas ás faltas provocadas no 1x1 e ós lanzamentos dende o tiro libre. Os coruñeses volvían a achegarse á decena de vantaxe no marcador grazas a acertos no lanzamento exterior e ós contraataques (19-28)

Á volta do descanso, Basquet Coruña parecía que ía romper o partido con dúas canastras seguidas de Víctor López, pero a partir dese momento o aro pechouse para os dous equipos e só foi quen de rompelo Cristian Vázquez para os de Cee cunha tripla. A partir deste momento os coruñeses aumentaron a intensidade defensiva en toda a pista e aumentaron a súa vantaxe ata os 18 puntos (22-40) a falta de 2 minutos para o remate. Estes dous últimos minutos estiveron cheos de imprecisións por parte dos dous equipos, só anotando unha canastra o equipo de Cee (24-40)

O último periodo comezou con imprecisións no tiro en ámbolos dous equipos. Aproximáronse os de Cee a 12 puntos a falta de 6 minutos (28-40) grazas á súa defensa e ó dominio do rebote, unidos a unha boa circulación de balón no ataque. Deixando sen anotar a Basquet Coruña 99 durante 5:34 minutos (tiro libre anotado por Víctor López).
A partires deste momento o partido mantívose en 10 puntos de diferenza no marcador a favor dos coruñeses, quenes dominaron o tempo do xogo ata o final do partido para levarse a victoria por 36-51.

C.E. Cume Cee
Luciano Martínez, Diego Martínez, Cristian Marcote, Cristian Vázquez, Fernando Castro, Adrián Toba e Fran Olveira
Adestrador: Lucas Martínez

Basquet Coruña 99
Santi Baixeras, Jaime Méndez, Fernando García, Diego Regueira, Víctor López, Juan Manuel Sandino, Jorge Rodríguez, Carlos Tojeiro, Óscar Rodríguez, Dani Rilo, Dairon Pita e Adrián Lema
Adestrador: Luis Villada
Axudante: Juanfran Llull

Equipo arbitral:
Alejandro Pérez       Jacobo Curros
María García            Lorena León

Noraboa ó Baquet Coruña 99 pola súa clasificación para a final, que se disputará ás 18:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario