domingo, 22 de mayo de 2016

1ª semifinal Copa Primavera Junior Masculino: C.B. Arteixo 33 - 52 Baloncesto Narón

Partido correspondente á primeira semifinal da Copa Primavera Junior Masculino, disputado o domingo ás 10:30 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

Enfrontábanse o anfitrión da Copa, o C.B. Arteixo, e o Baloncesto Narón, con victoria para os departamentais por 33-52.

Comezou o partido cos dous equipos tanteándose, pero cos departamentais collendo as primeiras vantaxes no marcador (2-8). As defensas impoñíanse ós ataques e non se conseguía anotar con facilidade. Nos últimos minutos do periodo, un pequeno intercambio de canastras tras boas accións de ataque deixaba o 6-12 no marcador.

Ó comezo do segundo periodo os visitantes comezaron a aumentar a súa vantaxe no marcador grazas ó dominio do rebote e á mala selección do ataque dos arteixáns, o que propiciou un tempo morto do adestrador local. A partir deste momento as forzas igualáronse durante o resto do periodo, anotando os dous equipos con certa comodidade tras rotacións de balón (15-22)

Á volta do descanso, os departamentais distanciáronse no marcador, chegando a superar a vintena tras boas defensas e saídas ó contraataque. Nos últimos minutos, os arteixáns volveron ó seu xogo ante as defensas alternativas dos visitantes e conseguiron reducir a diferenza ata os 15 puntos (24-39)

No último periodo, os arteixáns conseguiron rebaixar a diferenza a 10 puntos tras moi bos ataques nos que primou a circulación do balón. No momento no que os departamentais volveron a dominar o rebote, despegáronse definitivamente no marcador ata os 19 puntos finais (33-52)

C.B. Arteixo
Aimán, Fabio, Saúl, Fran, Raúl, Dani, Zas, Jacobo, Mario, Jose e Carlos
Adestrador: Fran Lozano

Baloncesto Narón
Alberte, Cristian, Pepe, Paco, Pablo, Sergio Cabana, Sergio Menes, Santi, Óscar, Bruno, Daniel e Javier
Adestrador: Juan Pérez

Equipo arbitral:
Alejandro Pérez       Jacobo Curros
María García            Lorena León

Noraboa ó Baloncesto Narón pola súa clasificación para a final, que se disputará ás 18:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario