Partido correspondente á primeira xornada da 2ª división infantil masculino, disputado o domingo ás 10:00 horas no Pavillón San Xosé Obreiro de Meicende.
53 - 37 (19-2 / 7-17 / 12-11 / 15-7)
Primeiro partido e primeira victoria para os nosos infantiles, quenes se escudaron nun gran primeiro periodo para poñer terra de por medio no marcador. Moi boa saída do balón ante a defensa a toda pista dos visitantes e moito acerto de cara ó aro. Pola súa banda, os visitantes non acertaban co aro grazas á defensa dos locais e ó dominio do rebote.
No segundo periodo a defensa dos arteixáns non foi a correcta, xa que permitiron ós visitantes anotar comodamente. O ataque tampouco funcionaba todo o ben que tiña que facerse, polo que os visitantes recortaron a diferenza no marcador ata os 7 puntos.
O terceiro periodo foi similar ó segundo, anque a defensa mellorou por momentos. No ataque tamén se mellorou á hora de buscar situacións de xogo e no acerto de cara ó aro.
No último periodo, mellorou máis a defensa local, permitindo forzar perdas de balón que se convertían en ataques en superioridade aproveitados polos arteixáns.
53-37 final que indica o bo traballo realizado polos nosos xogadores, aínda que moito queda por mellorar e disfrutar.
C.B. Arteixo:
Zeus, Simón, Enzo, Iago, Samuel, Gonzalo, Ángel e Manu
A próxima fin de semana, os arteixáns enfrontaranse ó Laser Combat Montrove, previsiblemente o sábado ás 10:00 horas no Pavillón de Canide-Mera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario