Partido correspondente á terceira xornada da 3ª división senior masculino, disputado o mércores ás 21:30 horas no Pavillón Municipal de Tarrío (Culleredo)
78 - 71 (24-18 / 11-24 / 23-9 / 20-20)
Inicio de partido con moito acerto por parte do equipo local, que sen embargo foi ben contestado por parte dos arteixáns.
No segundo periodo, os arteixáns realizaron un xogo de gran nivel. A través dunha boa defensa e con rápidos contraataques desarbolaron por completo ós locais, para irse ó descanso con sete puntos de vantaxe.
A volta do descanso trouxo un cambio na actitude dos locais, que comezaron a empregarse con dureza e os de Arteixo non conseguiron igualar esa intensidade, dando un volco ó marcador.
Sen embargo, os arteixáns non se ían dar por vencidos e sacaron a súa casta para pelexar ata o último segundo cunha presión a toda pista, anque finalmente se impuxo a veteranía do equipo local.
C.B. Arteixo
Manu (5), Miguel (5), Víctor (4), Óscar (10), Carlos (22), Diego (4), Juanlu (7), Arkaitz (11), Dany (2), Dylan (1) e Pablo (0)
A próxima fin de semana, os arteixáns disputarán o seu partido contra Los Ángeles Gas Oleiros previsiblemente o mércores día 4 ás 21:30 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario