Partido correspondente á primeira xornada da 2ª división cadete feminino, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pavillón San Xosé Obreiro de Meicende.
29 - 73 (12-16 / 4-16 / 3-14 / 10-22)
Partido complicado para as nosas cadetes ante un bo Artai, que grazas á súa defensa a toda pista conseguiu roubar balóns e anotar con facilidade. As nosas xogadoras perderon moitos balóns ante esta defensa debido a malos pases sobre todo.
A defensa foi correcta ante os ataques estáticos das carballesas, pero a cantidade de perdas de balón por parte das nosas provocaron que poucos ataques visitantes fosen en 5x5.
Hai que mellorar nos pases e no xogo de ataque. Respectar os espazos e cumplir as normas: traballar para recibir, dar liñas de pase, tomar boas decisións no tiro e no bote,...
C.B. Arteixo
Sonia, Laura Botana, Laura Quintáns, Anaís, Miriam Carracedo, Itzi, Noelia, Lucía, Miriam Toja, Inés e Lola
A próxima fin de semana non haberá xornada polo parón de Tódolos Santos, reanudándose a competición a fin de semana do 7 e 8 de Novembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario