miércoles, 15 de abril de 2015

Senior 4ª división: Baloncesto Cambre 62 - 56 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 18ª xornada da 4ª división senior masculino, disputado o sábado ás 20:00 horas no Pavillón Sofía Toro de Cambre.

62 - 56  (25-13 / 7-15 / 19-12 / 11-16)

Mal inicio de partido por parte dos arteixáns, que perdían continuos balóns no ataque e a defensa do 1x1 era horrible. Deste xeito, os locais anotaban unha e outra vez. Menos mal que mediado o periodo comezaron a darse bos balóns interiores e aumentou o acerto de cara ó aro (25-13)

O segundo periodo foi totalmente diferente. Axustaron a defensa os arteixáns ata tal punto que chegaron a situarse por diante no marcador. O descanso chegouse cunha desvantaxe de 4 puntos e es espadas en todo o alto (32-28)

A volta do descanso trouxo tamén a volta ó acerto por parte dos locais e un novo desconcerto defensivo dos arteixáns, de tal xeito que o partido parecía que se escapaba a favor dos locais (51-40)

Pero o último periodo aínda traería emocións fortes á pista de Cambre. Os arteixáns cunha forte presión a toda a pista conseguiron esat no partido ata practicamente o último segundo, pero finalmente non puido ser e a victoria quedou en Cambre (62-56)

C.B. Arteixo
Jose (4), Darío (10), Juanlu (6), Pablo (2), Fabián (2), Manu (12), Víctor (5), Arkaitz (6) e Adrián (4)
Adestrador: Iván García


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o partido aprazado no seu día contra SCD Castrillón o domingo ás 19:00 horas no Pavillón do Ventorrillo de A Coruña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario