miércoles, 15 de abril de 2015

Cadete masculino: Liceo La Paz 29 - 68 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 18ª xornada da 2ª división cadete masculino, disputado o sábado ás 10:00 horas no Pavillón do Colexio Liceo La Paz de A Coruña

29 - 68  (0-25 / 14-14 / 9-16 / 6-13)

Inicio espectacular dos arteixáns, os cales cunha gran defensa baseada nunha concentración máxima e con rápidos contraataques, desarbolaron unha e outra vez ós xogadores do Liceo (0-25)

Sen embargo, no segundo periodo trouxo a relaxación ós arteixáns, e un partido que parecía sentenciado por momentos, igualábase de xeito inexplicable (14-39)

Despois do descanso, volveu a senda da concentración ós arteixáns para pouco a pouco deixar finiquitado o partido ó deixar de lado a relaxación do segundo periodo (29-68)

C.B. Arteixo
Aimán, Fabio, Fran, Daniel, Zas, Jacobo, Mario, Hugo, Jose e Carlos
Adestrador: Iván García

Finaliza a competición para o equipo, rematando na sétima posición da táboa cun balance de 7 victorias e 11 derrotas

A fin de semana do 25 e 26 de abril comeza a Copa Primavera para o equipo, que disputará a súa eliminatoria contra Maristas Champagnat

No hay comentarios:

Publicar un comentario