miércoles, 15 de abril de 2015

Senior 2ª división: C.B. Arteixo 40 - 39 C.B. Celtas A Soalta

Partido correspondente á 18ª xornada da 2ª división senior masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

40 - 39  (6-11 / 11-12 / 13-5 / 10-11)

Partido marcado polas baixas en ámbolos dous equipos: os locais presentaban só 8 xogadores e os visitantes presentábanse con 6 efectivos.

Comezaba o partido cun ritmo de xogo lento que favorecía os intereses dos de A Mariña, quenes cunha defensa zonal permitindo certos lanzamentos dos locais, collían as primeiras vantaxes no marcador. Os arteixáns atacaban a zona sen buscar as mellores opcións e baseando o xogo no bote (6-11)

O segundo periodo seguiu polos mesmos derroteiros. Os visitantes facendo o seu xogo pausado e buscando a Adrián Suárez. Os arteixáns melloraron lixeiramente o seu ataque contra a zona e anotaron dende máis alá de 6,75, evitando que os de Pablo Castro se distanciasen no marcador (17-23)

Á volta do descanso, mudou o xogo dos arteixáns, quenes comezaron a imprimirlle máis rimto ó partido e a circular o balón con comodidade ante a defensa visitante, creando ocos preto do aro para anotar con certa comodidade. Os visitantes seguían a basear o seu xogo con Suárez, pero este non estaba acertado de cara ó aro (30-28)

No último periodo, instaurouse a igualdade no marcador. Os arteixáns seguían a realizar bos ataques contra a zona, pero non eran capaces de anotar dende a liña de tres puntos. Volveu a aparecer Suárez para os visitantes, igualando aínda máis o marcador.
Tiveron dous tiros libres os locais a falta de 20 segundos para romper o partido (1 punto de vantaxe), pero non os anotaron. O último ataque foi para os visitantes, quenes dispuxeron dun lanzamento triple liberado dende a esquina, o cal bateu no aro e non entrou deixando a victoria en Arteixo (40-39)

C.B. Arteixo
Ocampos (7), Antelo (17), Conchado (0), Guille (0), Gaby (0), Rober (4), Ramón (6) e Luis (6)
Adestrador: Germán Lozano

C.B. Celtas A Soalta
Fraga (4), Teijeira (0), Rodríguez (9), Suárez (21), Vizoso (9) e Vilar (0)
Adestrador: Pablo Castro


Finaliza a competición para os xogadores de Germán Lozano na 5ª posición cun balance de 9 victorias e 9 derrotas.
Na fase de clasificación enfrontaranse ó C.B. Allariz nunha eliminatoria a doble partido. 
O primeiro disputarase o domingo 26 de abril ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
O segundo partido disputarase o sábado 2 de maio ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de Allariz

No hay comentarios:

Publicar un comentario