lunes, 20 de abril de 2015

Infantil masculino: C.B. Arteixo 46 - 31 Santa María del mar

Partido correspondente á 9ª xornada do grupo A2 da 2ª división infantil masculino, disputado o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

46 - 31  (9-6 / 12-8 / 13-8 / 12-9)

Comezaron os arteixáns metidos no partido e circulando ben o balón ante a defensa visitante. Aproveitábanse os despistes defensivos do rival para atopar situacións cómodas de lanzamento, pero non se estaba acertado de cara ó aro. A defensa era boa e conseguíanse pechar o rebote defensivo a pesar da estatura do rival (9-6)

No segundo periodo continuaba a mesma tónica no xogo, anque algo máis de acerto cara ó aro si que había. Conseguíronse tranzar boas circulacións de balón para conseguir anotar preto do aro. Na defensa comezaban os despistes, o que non nos permitía aumentar a vantaxe no marcador de xeito excesivo (21-14)

Á volta do descanso e coas pilas cargadas de novo (non esquecer que o partido se xogou a tempo parado), os arteixáns realizaron os seus mellores minutos de xogo, chegando a superar os 15 puntos de vantaxe no marcador. Pero a partir deste momento, as imprecisións no pase comezaron a tomar protagonismo no xogo dos arteixáns. Malas eleccións e mala dirección nos pases fixeron que se perdesen moitas opcións de anotar, provocando situacións favorables para o rival. Aínda así, os de Arteixo foron capaces de ampliar a vantaxe no marcador (34-22)

No último periodo mantívose a tónica do terceiro. Os arteixáns despegáronse un pouco no marcador, para acto seguido volver a cometer erros continuos no pase. O rival non estaba acertado de cara á canastra polo que a victoria non perigou en ningún momento para os arteixáns, aínda que o rival conseguiu situarse a 7 puntos (46-31)

Gran partido o disputado por parte de tódolos xogadores do equipo arteixán, refrendando o traballo diario realizado dende comezos de tempada.

C.B. Arteixo
Gonzalo, Manu, Raúl, Zeus, Simón, Elías, Enzo e Iago
Adestradores: Germán Lozano e Arkaitz Collazo


Con este partido remata a competición para o C.B. Arteixo, que remata segundo clasificado do Grupo A2 da 2ª división infantil masculino de concentración, cun balance de 6 victorias e 2 derrotas (ámbalas dúas ante o líder Culleredo Almeiras e por un punto de diferenza)
O equipo queda á espera de que comece a Copa Primavera

No hay comentarios:

Publicar un comentario