Partido aprazado correspondente á 4ª xornada do grupo A2 da 2ª división junior masculino, disputado o domingo ás 10:00 horas no Pavillón do Colexio Liceo La Paz de A Coruña.
47 - 56 (12-10 / 12-7 / 9-14 / 7-9 / 7-16)
Contaba o equipo coa baixa de Juanlu, que foi cuberta con Aimán e con Jose do equipo cadete, e con Javi con problemas físicos despois dun esguince de tobillo. Con este panorama, o partido foi pouco a pouco subindo os puntos no marcador. Os locais pechaban a súa zona e os visitantes atopaban moitas dificultades para anotar preto do aro, aínda que o balón conseguía entrar en posicións interiores non eran capaces de anotar. O lanzamento exterior, aínda que con baixas porcentaxes, era o que aportaba puntos para os arteixáns (12-10)
O segundo periodo, como case sempre, foi moi malo para os de Arteixo. A defensa continuaba a ser boa pero o ataque atascouse case por completo. Abusábase do lanzamento exterior cun acerto case nulo, e a distancia no marcador a favor dos locais chegaba a ser de 10 puntos por momentos. Unha tripla ó final do periodo deixaba a diferenza en 7 puntos ó descanso (24-17)
Á volta do descanso, os arteixáns cambiaron a defensa e comezaron a xogar con máis velocidade e, en pouco tempo, achegáronse no marcador, aínda que sen chegar a colocarse por diante. Os locais tiñan máis problemas para anotar debido á actividade dos de Arteixo e ó seu control do rebote. No ataque o balón circulábase con criterio e varias accións en 1x1 dan os puntos que na primeira metade non chegaban. Ó final do periodo, o marcador e o partido igualáronse moito (33-31)
O úlitmo cuarto mantivo o partido igualado. Ningún dos dous equipos é que de separarse no marcador. Os puntos chegaban a contagotas, entrándose no último minuto cos mesmos dous puntos de vantaxe para os locais. Os arteixáns atacan e dispoñen de varias triplas para anotar, pero non o conseguen. Os locais no seu ataque tampouco son capaces de anotar. O último ataque foi para os arteixáns, quenes forzaron unha penetración que non conseguiron anotar, pero apareceu Miguel Cruz para rebotear en ataque e empatar o partido sobre a bocina (40-40)
Na prórroga os arteixáns estiveron máis serenos que o seu rival. Colocáronse por diante no marcador e buscaron as vantaxes cunha claridade que non tiveron no resto do partido. Un erro de sinalización arbitral, dando un balón ós arteixáns, o cal produce unha tripla que pon 6 puntos de vantaxe visitante e descentra ós locais quenes non foron capaces de volver a meterse no partido. Os arteixáns aguantaron o marcador e aumentaron a súa vantaxe no marcador ata o final (47-56)
Liceo La Paz
Santacruz (5), Verea (7), Regueiro (2), Ramallo (3), Fresno (1), Quintáns (2), Carbo (5), Fernández (6) e D. Fernández (16)
Adestrador: Álex Muíño
C.B. Arteixo
Miguel Cruz (11), Darío (13), Jonathan (7), Javi (0), Leo (0), Antón (0), Miguel Díaz (20), Jose (2) e Aimán (3)
Adestrador: Fran Lozano
Con este partido remata a competición para o C.B. Arteixo. Quedando segundos clasificados no Grupo A2 da 2ª división junior masculino, cun balance de 2 victorias e 4 derrotas.
O equipo queda á espera de que comece a Copa Primavera
No hay comentarios:
Publicar un comentario