Partido correspondente á 8ª xornada da 2ª división infantil masculino A2, disputado o domingo ás 10:00 horas no Pavillón do Ventorrillo de A Coruña.
16 - 55 (2-14 / 8-15 / 2-14 / 4-12)
Comezou o partido cos arteixáns moi enchufados na defensa, a cal propiciaba contraataques en superioridade tras roubo de balón ou rebote defensivo. Os locais non eran capaces de superar con comodidade en 1x1 ós arteixáns e, se o conseguían, as axudas limitaban o acerto. Só foron capaces os locais de anotar sobre a bocina de final do periodo (2-14)
No segundo periodo, a defensa dos arteixáns tivo varias lagoas que aproveitaron os locais para anotar lanzamentos lonxanos ó aro. No ataque, a superioridade dos arteixáns no 1x1 provocaba situacións de lanzamento preto do aro, pero o pouco acerto non permitía aumentar demasiado as diferenzas (10-29)
Á volta do descanso, corrixíronse os erros defensivos e o 1x1 na defensa era moito mellor. Os ataques dos locais chegaron a finalizar sen lanzar á canastra en varias ocasións. No ataque estático, o movemento do balón e os cortes facilitaban situacións de lanzamento cerca do aro (12-43)
O último periodo mantivo a intensidade dos anteriores e non se cometeron erros na defensa, cambiando os lanzamentos dos rivais nas axudas defensivas. No ataque continuábamos a ser superiores no 1x1, creando situacións de lanzamento próximas ó aro (16-55)
Destacar o traballo realizado por tódolos xogadores (minis incluídos) e o debut esta tempada de Samuel, quen anotou a última canastra do partido.
C.B. Arteixo
Gonzalo, Manu, Raúl, Zeus, Simón, Enzo, Samuel e Iago
Adestradores: Germán Lozano e Arkaitz Collazo
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra Santa María del Mar previsiblemente o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario