Partido correspondente á 16ª xornada da Liga minibasket mixto, disputado o sábado ás 11:00 horas no Pavillón Agra 2 de A Coruña.
52 - 27 (9-7 / 8-4 / 10-0 / 11-6 / 9-10 / 5-0)
Comezaba o partido con moita igualdade, os dous equipos dominaban dende a defensa para saír ó contraataque de igual xeito (9-7)
No segundo periodo, continuaba a mesma tónica, pero eran os locais os que estaban máis activos na defensa e os arteixáns non eran quen de pasar o balón con facilidade nin de xerar liñas de pase (17-11)
O terceiro parcial foi negro para os de Arteixo, quenes non foron capaces de dar co aro. A defensa rival superaba en tódolos aspectos ós arteixáns, quenes ó verse superados, non realizaban correctamente o seu traballo para xerar pases (27-11)
Á volta do descanso mudou a cara dos arteixáns. Aumentaron a súa intensidade na defensa e no ataque, pero non estaban acertados de cara ó aro (38-17)
O quinto periodo foi para os arteixáns, quenes mantiñan o nivel de intensidade do periodo anterior, pero sí estaban máis acertados de cara á canastra e tamén eran capaces de limitar o ataque rival (47-27)
No último periodo, o nivel de xogo baixou por parte de ámbolos dous equipos. Non había acerto de cara á canstra e producíanse moitas imprecisións no xogo (52-27)
C.B. Arteixo
Víctor, Gonzalo, Manu, Miriam, Abel, Ángel, Samuel, Inés, Iago, Daniel e Lola
Adestradores: Arkaitz Collazo e Germán Lozano
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra Dominicos en día, lugar e hora por confirmar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario