Partido correspondente á 17ª xornada da 4ª división senior masculino, disputado o venres ás 16:30 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
57 - 66 (15-18 / 13-15 / 16-17 / 13-16)
Gran partido o que se puido disfrutar o venres no Pazo dos Deportes de Arteixo.
A igualdade foi a nota dominante durante todo o partido, aínda que o equipo colexial foi sempre por diante no marcador e os de Arteixo a remolque, pero sempre sen rendirse.
Deste xeito chegouse ó último minuto e medio con seis puntos de desvantaxe no marcador tras unha tripla de Darío e con balón para apretar aínda máis o partido, pero non puido ser ó final debido a varias perdas de balón por parte dos locais.
En calquera caso, os de Arteixo demostraron que están preparados para competir cos mellores equipos da competición.
C.B. Arteixo
Jose (2), Darío (16), Juanlu (4), Pablo (5), Eloy (0), Manu (3), Fabián (14), Víctor (1), Arkaitz (8), Dylan (2) e Daniel (2)
Adestrador: Iván García
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo non disputará xornada debido ó parón de semana santa, volvendo á competición a fin de semana do 11 e 12 de abril contra o C.B. Cambre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario