Partido correspondente á 17ª xornada da 2ª división senior masculino, disputado o sábado ás 20:00 horas no Pavillón Vila de Noia de Carballo.
61 - 40 (15-11 / 13-17 / 22-9 / 11-3)
Comezaba o partido como os últimos envites para os de Arteixo: unha tripla de Ocampos e unha canastra tras rebote de ataque. A partir deste momento, os de Basilio Pampín comezaron a atopar ocos na defensa dos arteixáns e tras varios roubos de balón se puxeron por diante no marcador (15-11)
No segundo periodo mellorou o ataque dos arteixáns e pecharon mellor o rebote defensivo, evitando segundas opcións dos locais e sen perder balóns que provocasen contraataques. As forzas estaban igualadas, o que se trasladaba ó marcador no descanso (28-28)
Pero como ben sendo rutina últimamente, os arteixáns volveron do descanso apáticos, sen mover o balón e sen moverse os xogadores no ataque, pero sobre todo a sangría no rebote defensivo foi a que permitiu ós locais despegarse no marcador a mediados do periodo. Pouco a pouco os arteixáns foron volvendo a atoparse no campo, pero non foron capaces de recortar distancias no marcador (50-37)
No inicio do último periodo intentaron os arteixáns volver a engancharse no partido, pero os poucos lanzamentos cómodos que se conseguían non se facían con acerto e a moral foise minando pouco a pouco. O ataque local non era moi fluido debido á defensa dos visitantes, pero si foi suficiente para aumentar máis a vantaxe no marcador (61-40)
Con esta victoria, o Carballo A un paso logra o campionato do grupo norte e o ascenso á 1ª división autonómica. Dende o C.B. Arteixo queremos darlles a noraboa polo traballo realizado durante a tempada e polo logro conseguido.
Por parte dos arteixáns, destacar o bo debut nesta tempada de Manu co equipo, quen realizou uns bos minutos de xogo tanto no ataque como na defensa.
Carballo A un paso
Tomé (16), Añón (10), Cristóbal (3), Pereira (2), Vega (1), Tato (11), Fernández (0), García (13), Gómez (2) e Moreira (3)
Adestrador: Basilio Pampín
C.B. Arteixo
Ocampos (11), Antelo (4), Conchado (4), Gaby (3), Iago (4), Rober (0), Ramón (2), Manu (2), Luis (4), Fabián (2) e Andrés (4)
Adestrador: Germán Lozano
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo non terá xornada debido ó parón de semana santa. A competición reanudarase o domingo 12 de abril contra o C.B. Celtas de Foz ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario