lunes, 16 de marzo de 2015

Senior 2ª división: C.B. Arteixo 41 - 54 Peleteiro

Partido correspondente á 16ª xornada da 2ª división senior masculino, disputado o domingo ás 18:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

41 -54  (14-13 / 8-9 / 7-22 / 12-10)

Comezou o partido cun parcial de 5-0 para os arteixáns, que facía presaxiar un bo partido de cara ó aro dos nosos. Pero nada máis lonxe da realidade, en pouco tempo, os visitantes se poñían por diante no marcador, que só abandonarían no final do periodo grazas a unha tripla de Antelo sobre a bocina (14-13)

O segundo periodo tivo moitas imprecisións por parte dos dous equipos. Malos pases e erros continuos no lanzamento levaron o partido a uns moi baixos guarismos de anotación. Os arteixáns trataban de anotar dende a tripla, pero non daban acertado co aro, chegándose ó descanso con empate no marcador (22-22)

A volta do descanso sentoulle mal ós de Arteixo, faltos de acerto no lanzamento, sen movemento de xogadores e sen movemento do balón no ataque. Esto foi aproveitado polos xogadores de Fran Varela, quenes pouco a pouco e grazas á mala defensa local, foron despegándose no marcador ata chegar ós 15 puntos de vantaxe (29-44)

No último periodo, os arteixáns chegaron a estar perdendo por máis de 20 puntos de diferenza, pero pouco a pouco melloraron o xogo e deixaron de abusar do lanzamento triple para conseguir limar a diferenza no marcador ata os 13 puntos finais (41-54)

Mal partido no ataque dos arteixáns. Hai que mellorar a mobilidade no ataque, tanto do balón como dos xogadores para conseguir mellores opcións de lanzmento.

C.B. Arteixo
Antelo (8), Conchado (1), Guille (0), Iago (7), Rober (2), Ramón (5), Jesús (4), Luis (6), Fabián (3) e Andrés (5)
Adestrador: Germán Lozano

Peleteiro
Pazo (7), González (6), Merino (0), Martino (10), Seoane (7), Manso (0), Raviña (4), Vieitez (0), Ditano (4), Soneira (2), Soriano (2) e Vicario (12)
Adestrador: Fran Varela


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra Carballo A un paso o sábado ás 20:00 horas no Pavillón Vila de Noia de Carballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario