Partido correspondente á 13ª xornada da Liga minibasket, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pavillón Agra 2 de A Coruña.
15 - 52 (4-7 / 1-8 / 2-7 / 3-14 / 1-10 / 4-6)
Derrota dos nosos minis ante un BC Cristo Rey moi superior fisicamente, nun partido no que destacaron a cantidade de faltas persoais cometidas polo equipo de Oleiros, as cales provocaron tamén moitos golpes, moratóns e caídas ó suelo dos nosos nenos e nenas.
Comezaba o partido cos arteixáns atenazados, sen a intensidade no xogo que acostuman. Aínda así, a defensa non era mala e non permitía anotar con comodidade ó rival. No ataque, malos pases, erros no bote, non se tomaban decisións... (4-7)
No segundo periodo máis do mesmo, pero os despistes defensivos foron maiores, permitindo varias canastras de contraataque do rival. No ataque continuaban os mesmos erros e só fomos capaces de anotar dende o tiro libre (5-15)
No terceiro periodo, os arteixáns mudaron a súa actividade. Deixaron os complexos de lado e comezaron a crear accións de xogo dende o pase, aínda que estas non remataban con acerto de cara ó aro. A defensa melloraba nas axudas e no 1x1, pero de novo os despistes propiciaban canastras do rival (7-22)
Á volta do descanso, chegou un parcial demasiado duro en contra dos arteixáns. Os rivais roubaban balóns mediante a súa defensa agresiva e conseguían anotar mediante rebotes ofensivos (10-36)
No quinto periodo, máis do mesmo que no cuarto. Desta vez só un tiro libre anotado, grazas á cantidade de faltas cometidas polo rival neste periodo (11-46)
No último periodo, o xogo mediante o pase dos arteixáns por fin deu o seu froito, aínda que de novo o acerto de cara ó aro era case inexistente. Destacar neste periodo unha acción de xogo de Manu, quen recorreu a pista sorteando ós rivais para asistir a Samuel baixo o aro mediante un pase tras bote a unha man (15-52)
Bo partido dos nosos nos catro últimos periodos, xogando un baloncesto de pase e movemento fronte á dura defensa do rival. Hai que corrixir o atenazamento no comezo do partido para tratar de continuar mellorando día a día o realizado nos adestramentos.
C.B. Arteixo
Víctor, Manu, Miriam, Abel, Ángel, Samuel, Inés, Iago, Claudia e Lola
Adestradores: Arkaitz Collazo e Germán Lozano
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra EPB Rosales en lugar, día e hora por confirmar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario