Partido correspondente á 5ª xornada do grupo A2 da 2ª división junior masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
59 - 42 (5-11 / 17-10 / 18-12 / 19-9)
Por fin chegou a primeira victoria nesta segunda fase para os xogadores de Fran Lozano, e foi de xeito moi claro ante un equipo contra o que perdera os tres partidos disputados anteriormente.
Con todo, o partido comezou mal para os de Arteixo. Mal no ataque con moitas perdas de balón e frouxos na defensa. Así os visitantes ían pouco a pouco poñendo distancia no marcador. Na metade do primeiro periodo 2-7 e malas sensacións no equipo. Na segunda metade do periodo, as cousas melloraron para os arteixáns, deixando o marcador nun 5-11 ó final do periodo
No segundo periodo, prodúxose un cambio radical nos locais. Reapareceu Miguel Díaz despois dun mes de lesión anotando 5 puntos consecutivos (rebote de ataque e tripla) que igualaban o partido. A partir de aquí, os de Arteixo comezaban a xogar con máis velocidade e os puntos comezaban a subir no marcador con máis frecuencia. A actividade na defensa tamén aumentou e ó descanso os locais xa estaban por diante no marcador (22-21)
No terceiro periodo continuou a velocidade no xogo dos arteixáns, e o equipo sentíase cómodo no partido. A anotación era fluída e o acerto na tripla de Darío con 3/3 neste periodo, xunto coa mellora na defensa, pechando situacións que na primeira metade eran doadas para os visitantes, facían que os locais se despegasen lixeiramente no marcador (40-33)
O último periodo segue cos locais xogando con fluidez no ataque e anotando varias situacións de contraataque. A distancia supera os 10 puntos e vai aumentando ata os 17 finais (59-42)
C.B. Arteixo
Miguel Cruz (8), Darío 13), Juanlu (6), Jonathan (3), Javi (10), Leo (0), Antón (0), Miguel Díaz (11) e Jose (8)
Adestrador: Fran Lozano
Basquet Coruña 97
Risueño (3), López (9), Xuiz (4), Rampa (4), Castro (3), Groa (9), Rama (2) e Cabarcos (8)
Adestrador: Luis Villada
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo non disputará xornada debido ó parón de semana santa. A competición reanudarase a fin de semana do 11 e 12 de abril contra Basquet Coruña 98
No hay comentarios:
Publicar un comentario