lunes, 16 de marzo de 2015

Preminibasket: C.B. Arteixo 40 - 23 Dominicos

Partido correspondente á 7ª xornada do grupo A4 da Liga preminibasket, disputado o sábado ás 19:15 horas no Pavillón Agra 2 de A Coruña

40-23  (4-4 / 8-2 / 4-4 / 16-0 / 0-11 / 8-2)

Comezou o partido con moitas ganas para ámbolos dous equipos. Esta actividade fixo que as defensas fosen moi activas e con moitos erros nos lanzamentos á canastra fixo que o marcador fose baixo (4-4)

No segundo periodo os arteixáns estiveron máis acertados de cara ó aro e aumentaron a intensidade defensiva, collendo as primeiras vantaxes no marcador (12-6)

O terceiro periodo foi similar ó primeiro, cos arteixáns moi erráticos de cara ó aro, aínda que mantiñan a actividade defensa, evitando que os contrarios se achegasen no marcador (16-10)

Á volta do descanso, os arteixáns mantiveron a súa actividade no xogo, pero estaban moi acertados de cara ó aro e, unido a varios roubos de balón, conseguiron aumentar a diferenza no marcador cun gran parcial (32-10)

O quinto periodo foi o peor dos arteixáns. Mal na defensa, sen actividade, e os poucos lanzamentos que conseguían non atinaban coa canastra. Aproveitaron esto os contrarios para achegarse no marcador deixando ós arteixáns en cero puntos neste periodo (32-21)

No último periodo, volveu a intensidade perdida no anterior periodo, recibindo poucos puntos grazas a unha boa defensa e anotando con certa facilidade no ataque para aumentar de novo a distancia no marcador (40-23)

Nova victoria para os máis pequenos do club, quinta consecutiva nesta fase. O equipo continúa con moitas ganas de mellorar e de adestrar, demostrando o mellorado dende o principio da tempada e tamén dando mostras de que queda moito por continuar mellorando no futuro.

C.B. Arteixo
Brais, Fátima, Iker, Martín, Diego, Carla, Lucas, Jorge, Aharón, Alex e Rubén
Adestrador: Víctor García


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo recuperará a xornada 5ª que foi aprazada por falta de pistas para disputar os partidos. Será contra Culleredo Coreti mixto en día, lugar e hora por determinar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario