jueves, 5 de marzo de 2015

Junior masculino: Basquet Coruña 97 54 - 49 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 2ª xornada do Grupo A2 da 2ª división junior masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas na Polideportiva de Riazor 2 de A Coruña

54 - 49  (22-8 / 8-12 / 16-17 / 8-12)

Presentábanse os arteixáns coas baixas de Miguelón e Darío, completando a convocatoria os cadetes Jose, Carlos e Mario.

Comezaba o partido cos arteixáns descentrados e sendo superados en tódalas facetas do xogo polos locais, que xogaban a pracer sen atopar ningunha oposición. O marcador ía reflexando o que acontecía na pista e os de BC poñían rapidamente vantaxe no marcador (22-8)

O segundo periodo parecía que ía polo mesmo camiño que o primeiro. Os arteixáns eran incapaces de anotar e a vantaxe chegaba case ós 20 puntos (27-9). Pero na metade do periodo as cousas comezaron a cambiar. Máis actividade na defensa e maís agresividade no ataque, provocaron que o marcador parcial fose igualado, cunha pequena vantaxe para os arteixáns (8-12) e cambiase as sensacións do partido (30-20 ó descanso)

Á volta do descanso, os arteixáns seguían enganchados no partido con intensidade na defensa e varias accións de roubo de balón con canastra ían recortando aínda máis a distancia no marcador ata chegar a colocarse a 4 puntos de desvantaxe. Nos instantes finais do periodo, varios despistes defensivos e boas accións locais, volven a deixar a vantaxe en 9 p)untos a favor dos locais (46-37)

No último periodo, os arteixáns non se renderon. Continuaban a traballar na defensa e no rebote, volvendo a achegarse no marcador, desta vez ata os 2 puntos. O marcador continuou igualado ata o final do partido. Con tres puntos de desvantaxe (52-49), os arteixáns tiveron oportunidade de igualar o marcador, pero a tripla intentada non entrou e os locais anotaron dende o tiro libre para certificar a victoria (54-49)

Basquet Coruña 97
Xuiz (0), Gambhir (4), Rampa (11), Castro (5), Eiroa (13), Rama (2), González (19) e Cabarcos (0)
Adestrador: Villalba

C.B. Arteixo
Miguelín (16), Juanlu (18), Jonathan (7), Javi (0), Leo (0), Antón (3), Mario (0), Jose (3) e Carlos (2)
Adestrador: Fran Lozano


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra Basquet Coruña 98 o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

No hay comentarios:

Publicar un comentario