Partido correspondente á 14ª xornada da 2ª división senior masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
49 - 44 (5-11 / 16-12 / 9-4 / 19-17)
Comezaba o partido cos dous equipos erráticos no ataque. Eran os arteixáns os que conseguían anotar primeiro grazas a un tiro libre e unha canastra de Rober (3-0), pero pronto os visitantes se colocaban por diante no marcador cun parcial de 0-11 grazas ó dominio do rebote e á superioridade no 1x1. Unha canastra dos locais nos minutos finais do periodo, deixaba a vantaxe visitante en 5-11
No segundo periodo mellorou o xogo e a defensa local, había máis movemento de xogadores no ataque e non se baseaba todo no 1x1 exterior mediante botes. Tamén se melloraba no rebote defensivo e na intensidade defensiva, conseguindo achegarse os arteixáns no marcador pouco a pouco. Ós visitantes costáballes máis anotar, incluso en situacións cómodas (21-23)
Á volta do descanso, o xogo de ámbolos dous equipos empeorou. Perdas de balón, pases malos, mala selección no ataque,... o cal facía que o marcador apenas se movese. Desto sacaron vantaxe os arteixáns, que grazas ás faltas persoais provocadas ían sumando pouco a pouco dende a liña de tiros libres e colocábanse por diante no marcador (30-27)
No último periodo, as defensas case desapareceron e deixaron ós dous equipos anotar con comodidade e asiduidade. Os arteixáns pronto colleron 7 puntos de vantaxe cos que amenazaban romper o partido, pero de novo o desacerto de cara ó aro en certos momentos provocaba que os visitantes non se deixasen que os arteixáns se despegasen máis no marcador. Nos últimos minutos, os arteixáns poideron romper definitivamente o partido dende o tiro libre, pero erraron varios lanzamentos libres deixando achegarse no marcador ós visitantes. A falta de 16 segundos e con catro puntos de vantaxe local, os visitantes ó aproveitaron o primeiro dos dous tiros libres que dispuxeron, os arteixáns rebotearon en defensa e certificaron a victoria dende a liña de tiros libres (49-44)
Mal partido do equipo en canto a intensidade e xogo, con pouco movemento de balón e dos xogadores, o que provocaba que as porcentaxes de tiro non fosen boas.
C.B. Arteixo
Ocampos (0), Antelo (14), Conchado (0), Guille (5), Gaby (1), Iago (5), Rober (4), Jesús (6), Luis (1), Fabián (2) e Andrés (11)
Adestrador: Germán Lozano
C.B. Sarria
Castro (0), E. López (4), Fernández (2), García (13), Goyanes (3), A. López (8), Pombo (0), Calles (6), Torres (6), J. López (2) e Balboa (0)
Adestradora: Maísa López
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo visitará a difícil cancha do Opticalia Eume o sábado ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de A Casqueira de Pontedeume.
No hay comentarios:
Publicar un comentario