Partido correspondente á 3ª xornada do Grupo A2 da 2ª división infantil masculino, disputado o domingo ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
53 - 14 (12-2 / 16-4 / 7-6 / 18-2)
Comezaba o partido cos arteixáns superiores no rebote en ámbolos dous aros, que lles daba segundas e ata terceiras oportunidades para poder anotar tras erros no lanzamento. O balón movíase para crear vantaxes no 1x1 que finalizaban en canastra. Na defensa, os arteixáns realizaban ben as axudas defensivas para evitar lanzamentos cómodos, pero non eran capaces de conter os 1x1 dos visitantes (12-2)
No segundo periodo continuou a tónica do primeiro. Creábanse vantaxes no 1x1 no ataque e no rebote ofensivo, pero na defensa comezaba a mellorarse na defensa do 1x1 e continuaban a realizarse correctamente as axudas, amén de continuar dominando o rebote en ámbolos dous aros (28-6)
Á volta do descanso, os arteixáns comezaron a tomar malas decisións no ataque, con lanzamentos moi lonxanos e sen apenas conseguir dar bos pases ós compañeiros. Tampouco estaban moi acertados de cara ó aro. A defensa continuaba a mellorar en tódolos aspectos, só permitindo ós visitantes anotar mediante lanzamentos dende máis de 5 metros da canastra (35-12)
No último periodo, continuaron os arteixáns a traballar en tódolos aspectos do xogo. A defensa seguía a ser correcta e no ataque conseguíanse vantaxes mediante o 1x1 e mediante cortes e ó traballo sen balón, aumentando a vantaxe no marcador ata o resultado final (53-14)
Gran partido de tódolos xogadores arteixáns, aportando nos dous lados da pista. Destacar tamén o debut co equipo do xogador do equipo alevín Daniel.
C.B. Arteixo
Gonzalo, Manu, Raúl, Zeus, Simón, Elías, Enzo, Iago e Daniel
Adestradores: Germán Lozano e Arkatiz Collazo
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra Santa María del Mar o domingo ás 10:00 horas no Pavillón Elviña 2 de A Coruña
No hay comentarios:
Publicar un comentario