miércoles, 25 de marzo de 2015

Infantil masculino: Culleredo Almeiras 29 - 28 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 6ª xornada do grupo A2 da 2ª división infantil masculino, disputado o venres ás 12:00 horas no PAvillón Municipal de O Burgo.

29 - 28  (6-8 / 9-6 / 10-6 / 4-8)

De novo a maldición do punto apareceu para os de Arteixo. Xa que esta tempada os catro partidos que se resolveron por un punto de diferenza, sempre o resultado foi desfavorable ós de Arteixo pese a ter en todos eles opcións de lanzamento para gañar o partido.

Comezaba ben o partido para os arteixáns, xa que conseguían as primeiras vantaxes no marcador grazas á superioridade no 1x1 e ó rebote ofensivo. Os locais baseaban o seu xogo nunha defensa a toda pista e nos 1x1 para crear vantaxes e aproveitalas (6-8)

No segundo periodo os arteixáns comezaron a cometer erros no pase (non mirar a quen pasaban, pases sen a forza necesaria) e na toma de decisións no ataque (atacar por onde está a defensa, malos lanzamentos con defensores encima). Esto foi aproveitado polos locais para impoñer o seu ritmo de xogo e continuar forzando erros no rival. Aínda así, un pequeno arreón dos de Arteixo deixou o marcador con vantaxe de un punto ó descanso para os locais (15-14)

Á volta do descanso, o dominio local aumentou, separándose de novo no marcador e ameazando con romper o partido ó seu favor. Despois deses minutos de dominio local, os de Arteixo conseguiron volver ó seu xogo e anotar varias canastras para que non se rompese o partido ó final do periodo (25-20)

No último periodo, os locais volveron a estirar a diferenza no marcador ata os 7 puntos (29-22). A partir dese momento, a defensa dos arteixáns volveu a ser a de sempre contendo os 1x1 e reboteando en defensa para saír xogando. No ataque buscábanse boas opcións de 1x1 ante a defensa local. Todo esto levou a un parcial de 0-6 que deixaba ós arteixáns a un punto de desvantaxe no marcador a falta de 26 segundos.
Tiveron un ataque os locais para gañar o partido, pero non foron quen de lanzar á canastra, polo que quedaban 2 segundos para atacar os arteixáns.
Despois dun tempo morto, a xogada plantexada non saiu e o balón chegou a Enzo quen estaba ben defendido e non puido acertar coa canastra dende máis alá da liña de 6,75, deixando a victoria en Culleredo (29-28)

C.B. Arteixo
Gonzalo, Raúl, Zeus, Simón, Elías, Enzo e Iago
Adestradores: Germán Lozano e Arkaitz Collazo


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra Maristas Champagnat en día, lugar e hora por confirmar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario