miércoles, 25 de marzo de 2015

Minibasket: EPB Los Rosales 40 - 51 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 14ª xornada da Liga minibasket mixto, disputado o domingo ás 10:00 horas no Pavillón Agra 2 de A Coruña

40 -51  (2-11 / 10-2 / 0-14 / 6-6 / 18-2 / 4-16)

Partido moi irregular o visto o domingo pasado por parte de ámbolos dous equipos. Comezaban mandando os de Arteixo grazas á súa actividade no xogo e na defensa, que provocaba boas opcións de lanzamento á canastra tras roubo de balón (2-11)

No segundo periodo, cambiaban as tornas. Eran os locais os que dominaban dende a defensa, impedindo ós arteixáns mover o balón con facilidade para poder chegar á canastra contraria (12-13)

No terceiro periodo, de novo os arteixáns se despegaban no marcador grazas á defensa activa, maniatando ós locais, provocando malos pases e recuperando balóns para saír rápido ó contraataque. A boa defensa dos arteixáns non permitiu anotar neste periodo ó rival (12-27)

Á volta do descanso, ámbolos dous equipos entraron fríos no partido. As defensas non dominaban ós ataques como nos anteriores periodos, pero o acerto era baixo por parte de ámbolos dous equipos de cara ó aro. Así, o parcial deste periodo foi igualado e se mantiñan as distancias no xogo e no marcador (18-33)

No quinto periodo, de novo os locais apretaban na defensa e superaban nos 1x1 ofensivos ós de Arteixo, quenes non eran capaces de conter as acometidas dos rivais. Proba desto é que anotaron os mesmos puntos neste periodo, que no conxunto dos catro anteriores (18 puntos) para colocarse por diante no marcador por primeira vez no partido (36-35)

Pero no último periodo, de novo os de Arteixo sacaron a súa actividade defensiva e o seu xogo rápido no ataque para volver a despegarse no marcador sen que os rivais poidesen frear as súas acometidas (40-51)

C.B. Arteixo
Víctor, Gonzalo, Manu, Miriam, Abel, Ángel, Samuel, Inés, Iago, Daniel, Claudia e Lola
Adestradores: Arkaitz Collazo e Germán Lozano


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra Esclavas en día, lugar e hora por determinar

No hay comentarios:

Publicar un comentario