Partido correspodente á 12ª xornada da 2ª división senior masculino, disputado o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
73 - 70 (13-10 / 18-14 / 18-21 / 24-25)
Partido moi complicado e con moito sufrimento para os arteixáns ante un rival sempre difícil e máis despois dunha derrota inesperada na xornada anterior ante o penúltimo clasificado da liga.
Comezou o partido moi ben para os arteixáns, cunha intensidade defensiva que se botaba de menos e co control do rebote defensivo, evitando segundas opcións para os santiagueses. No ataque o balón fluía e xenerábanse vantaxes dende o poste baixo para aproveitalas no exterior (13-10)
No segundo periodo, a tónica continuou a ser a mesma, anque o acerto dos arteixáns foi maior, así como a selección de tiro. Na defensa continuábase a ser moi intensos e loitando cada rebote. Aínda así, certos despistes defensivos na defensa dos bloqueos facían que os visitantes os aproveitasen para anotar con comodidade (31-24)
Á volta do descanso, a intensidade na defensa seguía existindo pero a calidade defensiva non era boa, xa que se defendía con moitas faltas e continuaban os despistes na defensa dos bloqueos. No ataque comezamos ben, movendo o balón e aproveitando as vantaxes, pero os despistes defensivos foron provocando que se abusase do bote no ataque, creando maiores dificultades para anotar ante a boa defensa visitante (49-45)
No último periodo e con todo por decidir, os arteixáns mantiveron a concentración e a intensidade no xogo para non permitir que os visitantes se puxesen por diante no marcador. Volvíase a crear xogo dende o poste baixo grazas á vantaxe nalgúns emparellamentos e a aproveitarse con canastras no 1x1, penetracións despois de inversións e tras rebote de ataque.
Precisamente o rebote de ataque foi o que nos deu o partido nos últimos instantes, xa que con un punto de vantaxe e dous puntos de vantaxe, Fabián conseguiu dosu rebotes ofensivos que nos permitiron volver á liña de tiros libres para matar o partido. Aínda así, os visitantes tiveron opción de forzar a prórroga cunha tripla a falta de un segundo, pero o balón non entrou e a victoria quedou en Arteixo (73-70)
Gran traballo de tódolos compoñentes do equipo, que aportaron nos dous lados da pista.
C.B. Arteixo
Ocampos (11), Antelo (6), Conchado (11) Guille (6), Gaby (2), Iago (9), Rober (2), Ramón (6), Luis (7), Fabián (0) e Andrés (13)
Adestrador: Germán Lozano
Compañía de María
Pavón (2), Paz (15), Rodríguez (17), Brusco (3), Isequilla (3), Bellas (0), Rico (10), Souto (6), Zas (6) e Rey (8)
Adestrador: Manuel López
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo non terá competición debido ó parón polo Entroido. Reanudarase a competición o sábado 21 de febreiro ás 18:00 horas contra o Caferlo Viveiro no Pavillón Municipal de Viveiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario