Partido correspondente á 12ª xornada da 4ª división senior masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pavillón Municipal de Cocheras de A Coruña
57 -33 (11-12 / 18-12 / 13-1 / 15-8)
Gran primeira metade a disputada polo equipo arteixán, na que se puido ver o bo xogo despregado na xornada anterior. Boa defensa, paciencia no ataque, intensidade,... Deste xeito gañouse o primeiro periodo e competiuse no segundo. Chegando ó descanso 29-24
Sen embargo, tódalas luces se apagaron despois do descanso. O ataque comezou a espesarse e xa non se decidía ben en case ningunha situación. A defensa seguía a ser boa, pero sen anotar é imposible competir... (42-25)
No último periodo volveu un pouco o acerto no ataque, pero xa era demasiado tarde para optar ó partido (57-33)
C.B. Arteixo
Dylan (2), Fabián (6), Víctor (9), Arkaitz (4), Pablo (4), Jose (6), Daniel (2), Adrián, Cotelo e Eloy (0)
Adestrador: Iván García
Agora toca xornada de descanso para preparar ben a visita do Costa da Morte ó Pazo dos Deportes de Arteixo dentro de 15 días, un equipo da nosa liga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario