miércoles, 11 de febrero de 2015

Junior masculino: C.B. Arteixo 53 - 33 C.E. Cume Cee

Partido correspondente á 16ª xornada da 2ª división junior masculino, disputado o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

53 - 33  (13-6 / 8-9 / 15-15 / 17-3)

Comezaba ben o partido para os arteixáns. Movíase o balón no ataque e a defensa era intensa, o que permitía cortar pases e atacar rápido. Na metade do periodo, cun 9-2 no marcador, os visitantes situáronse nunha defensa zonal 2-3 para atascar o ataque local (13-6)

O segundo periodo segue cos visitantes en zona e o atasco do ataque local fai que o marcador se mova moi lentamente. Aínda así, a defensa dos arteixáns non permitía que os visitantes remontasen. Chegouse ó descanso cun pobre 21-15

Á volta do descanso, os arteixáns saíron con moi pouca intensidade, permitindo que os visitantes controlen o xogo e se poñan por diante no marcador. Nos últimos minutos do periodo, os locais suben as liñas na defensa e remontan para poñerse de novo por diante no marcador. No minuto 6 do periodo, foi descalificado un dos xogadores do equipo visitante (36-30)

O último periodo comezou cos visitantes con problemas coas faltas, xa que só se presentaron 6 efectivos ó partido e un deles foi eliminado por faltas. Pronto sufriron outra eliminación, o que fixo que se quedasen con só 3 xogadores en pista. A partir de aquí, o partido entrou nunha fase "rara" e difícil tanto para os locais como para os visitantes. Os locais por enfrontarse a só tres xogadores e os visitantes pola gran inferioridade numérica que tiñan na pista. Así, o tempo pasou lentamente ata o final, ó que se chegou cun 53-33

Con este partido, o C.B. Arteixo remata a primeira fase da competición en 4º lugar, con 6 victorias e 6 derrotas. 

Na seguinte fase, enfrontarase nun grupo formado por 4 equipos ó Basquet Coruña 98, ó Basquet Coruña 98 e ó Liceo La Paz

C.B. Arteixo
Miguelín (15), Darío (14), Juanlu (13), Jonathan (8), Javi (0), Leo (2), Antón (1), Aimán (0) e Jose (0)
Adestrador: Fran Lozano 

C.E. Cume Cee
D. Martínez (2), Ramos (0), Marcote (8), Vázquez (0), L. Martínez (8) e Toba (15)
Adestrador: George Manuel Alvez

No hay comentarios:

Publicar un comentario