lunes, 2 de febrero de 2015

Minibasket: Dominicos 33 - 55 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 8ª xornada da Liga minibasket mixto, disputado o sábado ás 9:30 horas no Pavillón Agra 2 de A Coruña.

33 - 55  (2-8 / 7-6 / 4-10 / 6-12 / 6-16 / 8-3)

Comezou o partido de xeito complicado para os de Arteixo. As defensa eran boas en ámbolos dous equipos, pero no ataque estaban máis erráticos os de Dominicos (2-8)

No segundo periodo descendeu lixeiramente a actividade defensiva dos arteixáns, o que supuxo que os rivais anotasen con máis facilidade e conseguisen acortar a distancia no marcador (9-14)

No terceiro periodo, os arteixáns puxéronse as pilas e comezaron a atopar canastras fáciles mediante o pase, só permitindo canastras ó rival despois de perdas de balón (13-24)

Á volta do descanso, os arteixáns deron un novo estirón. Mantiveron a intensidade defensiva, a cal daba paso a canastras en superioridade e no rebote ofensivo (19-36)

No quinto periodo, o aumento no acerto de cara ó aro dos arteixáns rompeu o partido definitivamente. Superiores no rebote e moi activos na defensa, seguían a conseguir canastras con certa comodidade (25-52)

No último periodo, os arteixáns baixaron o seu nivel de intensidade no ataque e na defensa, o que se traduxo nun recorte da diferenza no marcador por parte de Dominicos (33-55)

Moi bo partido por parte dos nenos e nenas de Arteixo, só empañado polos baixóns na intensidade en certos momentos do partido.

C.B. Arteixo
Víctor, Manuel, Miriam, Gonzalo, Abel, Samuel, Inés, Iago, Daniel, Claudia e Lola
Adestradores: Arkaitz Collazo e Germán Lozano


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o último partido da primeira volta da competición contra Montrove en día, lugar e hora por confirmar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario