Partido correspondente á 2ª xornada do Grupo A4 da Liga preminibasket, disputado o domingo ás 19:15 horas no Pavillón Municipal da Sagrada Familia de A Coruña.
43 - 23 (11-7 / 4-2 / 5-2 / 8-8 / 4-4 / 11-0)
Comezou o partido con moi boa intensidade no ataque por parte dos arteixáns, e na defensa roubando balóns no pase e anotando canastras ó contraataque (11-7)
No segundo periodo a intensidade baixou neste periodo, con moitos erros de cara á canastra por parte de ámbolos dous equipos, rematando o periodo cun tanteo moi baixo (15-9)
No terceiro periodo continuou a mesma tónica que no segundo, pouca intensidade e moitos erros (20-11)
Á volta do descanso, os dous equipos igualaron forzas e anotación. Por parte dos arteixáns, houbo moitos erros debaixo do aro (28-19)
No quinto periodo volveuse empatar no parcial. Baixou aínda máis o acerto de cara ó aro, anotando só dúas canastras en xogo cada equipo (32-23)
No último periodo, volveuse a aumentar a intensidade na defensa, conseguindo deixar sen anotar ós rivais. No ataque conseguíanse vantaxes nos saques despois de perdas de balón do rival (43-23)
Moi bo partido dos nenos e nenas arteixáns, moi intensos no xogo e solidarios no pase. Demostrouse a mellora diaria dos xogadores e xogadoras do equipo, aínda que poden mellorar máis se continúan coa mesma intensidade e interese.
C.B. Arteixo
Brais, Fátima, Iker, Martín, Diego, Lucas, Aharón, Alex e Rubén
Adestrador: Víctor García
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra Obradoiro feminino en día, lugar e hora por confirmar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario