Partido correspondente á 13ª xornada da 2ª división junior masculino, disputado o domingo ás 10:00 horas na Polideportiva de Riazor 2 de A Coruña
39 - 65 (13-14 / 7-21 / 15-23 / 4-7)
O partido estivo dominado polos arteixáns dende o comezo ata o final.
Xa no inicio, os arteixáns, con moita intensidade na defensa das liñas de pase, marcaron o ritmo do xogo. O ataque foi tamén moi agresivo. rompendo en situacións de 1x1 que remataban en canastra ou en tiros liberados. O rebote tamén foi para os nosos. Á metade do primeiro periodo a vantaxe era de 2-8. Na segunda metade do periodo, os locais reaccionaron e situaron o marcador nun 13-14 ó final do periodo.
O segundo periodo volveu ver ós arteixáns concentrados e con moita intensidade. A distancia no marcador ía aumentando pouco a pouco ata chegar ó descanso cun 20-35 a favor no marcador. Os arteixáns xogaban cómodos pero cunha gran concentración e intensidade, e o partido parecía controlado.
Á volta do descanso, descendeu lixeiramente a concentración dos arteixáns, provocando que os locais circulen o balón e consigan boas opcións para anotar. Esto dura ben pouco, xa que a intensidade volveu aparecer e recuperouse o bo xogo, e con eles a distancia no marcador aumentou de novo, distanciándose ata os 23 puntos de diferenza (35-58)
O último periodo comezou cos arteixáns acelerados, o partido vólvese todo e as perdas de balón por parte de ámbolos dous equipos foron continuas. Os arteixáns calmaron o xogo, volvendo a dominar o ritmo, pero o acerto xa non acompañaba como antes, deixando un pobre parcial de 4-7 en anotación (39-65)
Basquet Coruña 98 B
Felpeto (2), Naya (4), Barral (0), Castro (0), Villar (12), Caamaño (0), Ferreiro (3), Mariño (0), Domingo (1), Lamora (0) e Muíños (4)
Adestrador: Pombo
C.B. Arteixo
Miguel Cruz (7), Darío (26), Juanlu (16), Jonathan (10), Javi (4), Leo (0), Aimán (2) e Antón (0)
Adestrador: Fran Lozano
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo rematará a primeira fase da competición ante o C.E. Cume Cee o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
No hay comentarios:
Publicar un comentario