Partido correspondente á 10ª xornada da Liga preminibasket, disputado o sábado ás 11:00 horas no Pavillón Agra 2 de A Coruña
50 - 0 (11-0 / 11-0 / 20-0 / 8-0)
Comezaba a segunda volta da competición para os nosos minis, e o fixeron cunha victoria ante Franciscanos.
Comezaba o partido cos arteixáns moi centrados na defensa, tocando balóns nas liñas de pase e molestando no bote ó rival. Tamén dominaban o rebote defensivo cando o equipo contrario conseguía lanzar. No ataque errábase moito baixo o aro, pero a base de rebotes ofensivos íanse poñendo as primeiras diferenzas no marcados (11-0)
O segundo periodo, foi un calco do primeiro. Gran actividade dos arteixáns, pero erráticos no lanzamento. Tamén se lle engadía a esto, unha mala toma de decisións no pase, o que nos facía ter menos posesións (22-0)
No terceiro periodo, chegou a rotura do partido. Mantíñase a concentración e a actividade defensiva, pero estábase moi acertados de cara ó aro, anotando en contraataques en superioridade (1x0 e 2x1) deixando o partido sentenciado ó descanso (42-0)
Ó inicio do terceiro periodo, varias accións defensivas roubando o balón no pase, provocaron contraataques de 1x0 que fixeron que se pechase o marcador.
No resto de periodos, os arteixáns continuaron traballando con moita actividade tanto no ataque como na defensa, realizando un moi bo partido.
Moi bo partido en canto a concentración e intensidade por parte dos nenos e nenas de Arkaitz e Germán.
C.B. Arteixo
Gonzalo, Manuel, Miriam, Abel, Ángel, Samuel, Inés, Iago, Daniel e Lola
Adestradores: Arkatiz Collazo e Germán Lozano
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo terá xornada de descanso, reanudando a competición a fin de semana do 7 e 8 de marzo contra BC Eusebio da Guarda en día, lugar e hora por confirmar
No hay comentarios:
Publicar un comentario