Partido correspondente á 2ª xornada da 2ª fase do Grupo Concentración A2 da 2ª división infantil masculino, disputado o domingo ás 10:00 horas no Pavillón Elviña 2 de A Coruña
15 - 37 (7-2 / 2-9 / 1-13 / 5-13)
Comezou o partido moi mal para os arteixáns. Sen intensidade nin ganas no xogo, perdendo infinidade de balóns, sen realizar o balance defensivo e sendo superados continuamente no 1x1 polos xogadores de Maristas. Só se conseguiu anotar unha canastra grazas a unha acción individual (tónica do noso xogo neste periodo) de Iago (7-2)
No segundo periodo mudou a actitude dos arteixáns. Corrixíronse os erros defensivos, asegurábase o rebote defensivo, o balón circulaba con máis precisión e os 1x1 no ataque eran máis agresivos. Superábase a defensa rival con certa facilidade, pero non estábamos moi precisos na definición (9-11)
Á volta do descanso, continuou esta actitude por parte dos arteixáns. Iniciouse o periodo cunha acción de canastra e falta de Gonzalo, o que animou máis aínda ó equipo tanto no ataque como na defensa. Esta última faceta na cal estivemos moi ben, tanto na contención do 1x1 como no traballo das axudas e recuperacións (10-24)
No último periodo consolidouse a vantaxe no marcador e a ruptura do partido a favor dos arteixáns. Pases de balón no ataque, boa toma de decisión nas accións (aunque non no uso das dúas mans nos lanzamentos) e intensidade defensiva e dominio do rebote en ámbalas dúas canastras (15-37)
Destacar o mal primeiro periodo do partido, tema que hai que corrixir de cara ó futuro, e os grandes tres periodos finais, demostrado o xogo que somos capaces de despregar.
C.B. Arteixo
Gonzalo, Manuel, Raúl, Zeus, Simón, Elías, Enzo e Iago
Adestradores: Germán Lozano e Arkaitz Collazo
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra BC 02 B o domingo ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
No hay comentarios:
Publicar un comentario